Voo 800 de TWA: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegar > engalar. / Outros pequenos axustes.
Beninho (conversa | contribucións)
amplio de en.wiki
Liña 28:
 
Existen teorías da conspiración sobre o voo 800 de TWA, as máis frecuentes son as que falan dun ataque terrorista cun mísil ou dun lanzamento accidental dende un buque da Armada estadounidense, e que é un tema que o Goberno está encubrindo.<ref>{{cita web|título=Conspiracy Theories Rife On Demise of Flight 800|url=http://www.nytimes.com/1996/09/17/nyregion/conspiracy-theories-rife-on-demise-of-flight-800.html|editor=The New York Times|dataacceso=29 de xaneiro de 2017}}</ref><ref>{{cita web|título='Pierre Salinger Syndrome' and the TWA 800 conspiracies|url=http://edition.cnn.com/2006/US/07/12/twa.conspiracy/index.html|editor=CNN|dataacceso=29 de xaneiro de 2017}}</ref> Porén, o gravador de voces da cabina non rexistrou ningún estoupido exterior antes de que se cortase a potencia pola explosión no tanque de combustible.
 
== Accidente ==
O avión do accidente, un [[Boeing 747-131]] con rexistro N93119, fora fabricado por [[Boeing]] en xullo de [[1971]]; fora pedido por [[Eastern Air Lines]], pero despois de que a aeroliña cancelase o seu pedido de 747 o avión foi mercado por TWA. O aparello completara 16 869 voos con 93 303 horas de operación.<ref name="Informe oficial do accidente" /> O día do accidente o avión saíu de [[Atenas]] como o voo 881 de TWA e chegou ao [[Aeroporto Internacional John F. Kennedy]] sobre as 4:38 pm. O avión repostou combustible e cambiou a tripulación; os novos tripulantes eran o capitán de 58 anos Ralph G. Kevorkian, o capitán de 57 anos Steven E. Snyder e o enxeñeiro de voo de 63 anos Richard G. Campbell (todos eles con moita experiencia en TWA), ademais do enxeñeiro de voo de 25 anos en proceso de adestramento Oliver Krick.<ref name="Informe oficial do accidente" /><ref>{{cita web|título=Listaxe de pasaxeiros do voo 800|url=https://web.archive.org/web/20120928203150/http://www.avweb.com/other/twpx9629.html|editor=TWA|dataacceso=23 de agosto de 2017}}</ref><ref>{{cita web|título=Doomed crewmen called hardy|url=http://www.nydailynews.com/archives/news/doomed-crewmen-called-hardy-article-1.735582|editor=Daily News|dataacceso=23 de agosto de 2017}}</ref>
 
O persoal de mantemento en terra bloqueou a reversa do motor 3 (tratado como un elemento da lista de mínimos) debido a problemas técnicos cos sensores de reversa durante a aterraxe do TWA 881 no JFK, antes da saída do voo 800. Ademais, substituíronse varios cables da reversa do motor 3. Durante a repostaxe, o control de apagado volumétrico (VSO) crese que se disparou antes de que os tanques estivesen cheos. Para continuar a repostaxe a presión, un mecánico de TWA invalidou o VSO automático tirando do fusible volumétrico e dun disruptor de desbordamento. Os rexistros de mantemento indican que o avión tiña numerosos informes relacionados co VSO nas semas previas ao accidente.<ref name="Informe oficial do accidente" />
 
O TWA 800 foi programado para deixar o aeroporto JFK cara Paris ao redor das 7:00 pm, pero o voo atrasouse ata as 8:02 pm por unha peza do equipo de terra incapacitada e unha incompatibilidade pasaxeiro/equipaxe.<ref name="Informe oficial do accidente" /> Despois de que se confirmase que o dono da equipaxe en cuestión estaba a bordo a tripulación preparouse para saír e o avión fixo ''pushback'' dende a porta 27 do TWA Flight Center. A rodaxe e o despegue realizáronse con normalidade.
 
Posteriormente o TWA 800 recibiu unha serie de cambios de rumbo e en xeral se lle asignaron incrementos de altitude ata subir ata a súa altura de cruceiro prevista.<ref name="Informe oficial do accidente" /> O tempo na área era de ventos lixeiros con nubes dispersas e as condicións de luz eran as do solpor.<ref name="Informe oficial do accidente" /> A derradeira transmisión de radio dende o avión foi ás 8:30 pm, cando a tripulación de voo recibiu e despois recoñeceu as instruccións dende o centro de control aéreo de Boston para subir ata os 15 000 pés (4 600 m).<ref name="Cockpit Voice Recorder">{{cita web|título=Group Chairman's Factual Report of Investigation – Cockpit Voice Recorder|url=https://web.archive.org/web/20070614121659/http://www.ntsb.gov/events/TWA800/exhibits/Ex_12A.pdf|editor=NTSB|dataacceso=23 de agosto de 2017}}</ref> Os últimos datos do transpondedor do avión graváronse polo radar da Federal Aviation Administration (FAA) en [[Trevose, Pennsilvania]] ás 8:31:12 pm.<ref name="Informe oficial do accidente" />
 
38 segundos despois o capitán dun [[Boeing 737]] de [[Eastwind Airlines]] informou ao centro de control de Coston que acababa de ver un estoupido no aire, a uns 16 000 pés, e que caíu cara a auga. Posteriormente, moitas instalacións de control de tráfico aéreo na zona de Nova York recibiron informes dun estoupido de parte de outros pilotos que operaban na zona. Moitas testemuñas na área do accidente dixeron que viran ou escoitaran estoupidos, acompañados por unha ou varias grandes bolas de lume sobre o océano, e observaron cascallos, algúns dos cales estaban ardendo mentres caían.<ref name="Informe oficial do accidente" />
 
Varios barcos civís, militares e da policía chegaron á zona do accidente e comezaron a buscar supervivintes aos poucos minutos do primeiro impacto coa auga, pero non atoparon ningún,<ref name="Informe oficial do accidente" /> facendo do TWA 800 o segundo peor accidente de aviación nos [[Estados Unidos]] nese tempo.<ref>{{cita web|título=ASN Aircraft accident Boeing 747-131 N93119 East Moriches, NY|url=http://aviation-safety.net/database/record.php?id=19960717-0|editor=Flight Safety Foundation|dataacceso=23 de agosto de 2017}}</ref>
 
== Notas ==