Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Segunda Guerra Mundial" pola categoría "Segunda guerra mundial"; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (- custe + custo)
Liña 113:
Os británicos tiveron un golpe de sorte o día [[26 de maio]]. A media mañá, un [[Consolidated PBY Catalina|Catalina]] de recoñecemento, do Comando Costeiro da [[Royal Air Force|RAF]] pertencente ao 209 Squadron, que sobrevoara o [[Atlántico]] dende a súa base en [[Lough Erne]] ([[Irlanda do Norte]])) a través do corredor de Donegal (un pequeno corredor aéreo proporcionado en segredo polo goberno irlandés), deu co ''Bismarck'' grazas ao rastro de aceite que deixaba debido aos seus danos, e informou da súa posición ao Almirantado. A partir de entón, a posición do barco alemán foi coñecida polos británicos, aínda que o inimigo debería ser freado de forma significativa se as unidades pesadas agardaban atoparse con el fóra do alcance da protección aérea alemá. Todas as esperanzas dos británicos estaban agora na "Force H", cuxas principais unidades eran o portaavións ''Ark Royal'', o cruceiro de batalla ''Renown'' e o cruceiro ''Sheffield''. Este grupo de batalla, comandado polo almirante James Somerville, desviárase cara o norte dende [[Xibraltar]].
 
Ás 19:25 desa tarde, cunhas condicións meteorolóxicas moi adversas, o ''Ark Royal'' lanzou os seus [[Fairey Swordfish]] para outro ataque. Os primeiros avións trabucáronse no seu obxectivo e atacaron ao ''Sheffield''. A pesar do tempo perdido neste incidente, finalmente foi beneficioso para os británicos ao decatarse que estaban usando torpedos con detonadores magnéticos defectuosos, polo que para o seguinte ataque contra o ''Bismarck'' foron equipados con detonadores de contacto. Nun ataque final, case a escuras ás 21:05, un torpedo danou un timón e o aparato de goberno do ''Bismarck''. Isto fíxoo virtualmente ingobernable, incrementando a súa escora a babor e podendo navegar só nun enorme círculo que se atopaba no curso do ''King George V'' e o ''Rodney'', dous acoirazados de priemira liña que estiveran perseguíndoo dende o oeste. Despois de enormes e infructuosos esforzos por liberar o timón danado, o mando da frota finalmente recoñeceu a súa, de momento, complicada situación en varias mensaxes ao cuartel xeral. Lütjens enviou unha derradeira e desafiante mensaxe: "Barco ingobernable. Loitaremos ata o noso derradeiro proxectil. Longa vida ao Fuhrer". O custecusto do ataque para os británicos foi de cinco Swordfish danados.
 
Ao longo da noite do 26/27 de maio o ''Bismarck'' foi o obxectivo de incesantes ataques de torpedo dos destrutores da clase ''Tribal'' ''Cossack'', ''Sikh'', ''Maori'' e ''Zulu'', xunto co polaco ''Piorun''. O ''Bismarck'' danou a algún dos destrutores. A bordo do ''Zulu'' un sub-tenente na torre de control de artillería perdeu unha man pola metralla cando un proxectil impactou na proa do barco, aínda que non estoupou. A táctica de acoso constante dos británicos fixo que a moral dos alemáns baixase e profundizouse a fatiga nunha xa extenuada tripulación.