Aecio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Historia: arranxiño
Liña 1:
'''Flavio Aecio''', Xeneral [[Roma Antiga|romano]], morto no [[454]]. Orixinario da provincia de [[Moesia]], era fillo do ''[[magister equitum]]'' [[Gaudencio]] e da dama [[Aurelia]]. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de [[Alarico I]], o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos [[godos]]. Serve á súa vez como ''[[magister equitum]]'' nas [[Galias]] durante a xefatura militar de [[Félix]], ata que no [[433]] alcanza el mesmo a dita maxistratura de ''[[magister militum]]''.
 
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico [[Imperio Romano de Occidente|Imperio de Occidente]] que está en proceso de derrube. Protexe [[Italia]] e detén a expansión dos [[bárbaro]]s: frea aos [[visigodos]] na [[Galia]] e reduce aos [[burgundios]] en [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]]. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento [[vándalo]] no norte de [[África]].
 
Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os [[hunos]]. Sentíndose insultado o seu caudillo [[Atila]] polo emperador [[Valentiniano III]] ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá [[Honoria]], lánzase a destruír [[Roma]]. Para isto convoca unha gran confederación de tribos [[escitas]], [[sármatas]], [[xépidos|xépidas]], [[ostrogodos|ostrogodas]], [[alanos|alanas]], que se unen aos [[hunos]] na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a [[francos]], [[vándalos]], [[visigodos]] e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos [[Batalla dos Campos Cataláunicos|Campos Cataláunicos]] no ano [[451]]: é a última gran [[batalla]] do Imperio de Occidente.