Cuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+vídeo
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 47:
No momento axeitado, as femias de cuco voan ó niño escollido, sacan do niño un dos ovos e poñen o seu. O proceso dura poucos segundos. A cor dos ovos de cuco imita a dos ovos da especie que parasitan, pero en ocasións a vítima descobre o engano e retira o ovo do niño. O parasitismo parece estar relacionado coa nutrición: o estómago dos polos de cuco é incapaz de dixerir as larvas peludas que constitúen o alimento principal dos adultos, polo que é necesario que reciba noutro tipo de alimentación, que lles pode ser fornecida polos pais adoptivos.
 
O cuco cría tarde, polo que o seu sistema de reprodución non constitúe unha ameaza seria para a supervivencia das aves parasitadas, que non adoitan estar xa no momento de reprodución máis intenso. Só no caso da [[folosa das canaveiras]] ''(Acrocephalus scirpaceus)'' os tempos de cría coinciden completamente cos do cuco. Despois dunha [[incubación dos ovos|incubación]] curta, dunhas dúas semanas, opolo de cuco sae do ovo e nas horas e días seguintes expulsa inmediatamente os outros ovos ou polos do niño, levantándoos co seu lombo para botalos fora do niño. Esta conduta ten os seus riscos mesmo para o cuco, xa que máis das especies de paxaros levan alimento só niño dea cordo co número de crías que teñan que alimentar. Os pitos de cuco estimulan ós pais forzosos a alimentalo cos seus chíos continuos , que simulan os dunha niñada completa, e amosando a coloración da súa boca aberta. (A especie de cuco Cuculus fugax, do sueste de Asia, amosa na parte inferior das alas, que teñen manchas amarelas que semella nas bocas de varios polos. Este sistema está xustificado porque esta especie pon os ovos en niños de aves que crían no chan, polo que chíos demasiado audibles poderían atraer ós depredadores).
Os polos de cuco son capaces de voar cando teñen uns 20 días.