Robert Smith: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-. / Outros arranxos.
Liña 9:
| orixe = [[Blackpool]], {{ENG}}
| morreu =
| ocupación = cantante, músico, letrista, productorprodutor
| xénero = [[post-punk]], [[rock gótico]], [[new wave]], [[rock alternativo]]
| instrumento = guitarra, voz
Liña 23:
Smith toca, ademais da guitarra, o baixo de 6 cordas e os teclados. O seu peculiar e enleado xeito de tocar a guitarra e o uso innovador dos efectos de [[flanger]], chorus e phaser fixeron que fose considerado un guitarrista pioneiro no [[new wave]] e o [[indie rock]]. Robert tamén tocou na banda [[Siouxsie & the Banshees]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
Smith naceu en [[Blackpool]] ([[Lancashire]]). Criouse nunha familia católica de clase traballadora que se trasladou a [[Sussex]]. Estudou na Notre Dame Middle School e na St. Wilfrid's Comprehensive School en [[Crawley]], e con 14 anos formou o seu primeiro grupo co seu irmán Richard e a súa irmá Janet.
 
Tivo a súa primeira guitarra eléctrica como regalo de Nadal e recibíu algunhas clases. Comezou a versionar cancións da época cos seus amigos [[Lol Tolhurst]] e [[Michael Dempsey]]. En outubro de [[1976]] a banda, chamada Malice e que xa contaba con [[Porl Thompson]], comezou a ensaiar máis en serio e a realizar algún concerto. En xaneiro de [[1977]] a banda tomou o nome de "Easy Cure", e participou nun concurso de maquetas. Días máis tarde recibiron un telegrama onde lles convocaban para unha audición en [[Londres]]. Asinaron co selo Hansa, que finalmente rexeitou gravar o tema "Killing an Arab" e en agosto de [[1978]] reuníronse con Polydor, xa co nome [[The Cure]], e naceu o seu primeiro álbum, ''[[Three Imaginary Boys]]''.
 
=== Estética ===
Smith axudou a popularizar o estilo gótico coa súa imaxe habitual comosta por beizos pintados de vermello, pel pálida, o seu cabelo cardado negro, roupas tamén negras e zapatillas de deporte; unha estética que comezou a usar a principios dos anos 80.