Lúa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Movemento de translación lunar: eixe o igual que o resto do artigo onde predomina eixe
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Liña 58:
A maioría destas lavas afluíu ou foi proxectada cara as depresións formadas polos [[cráter de impacto|cráteres de impacto]] xa que eran as zonas de menor altitude da topografía lunar. Varias [[provincia xeolóxica|provincias xeolóxicas]] conteñen [[volcán en escudo|volcáns en escudo]] e [[domo lunar|domos volcánicos]] que se atopan preto dos mares da cara visible da lúa.<ref name="domes"/>
[[Ficheiro:14284-Moon-Maskelyne-LRO-20141012.jpg|thumb|150px|left|Evidència do vulcanismo recente.]]
Os mares atópanse case exclusivamente na cara visible da Lúa; cobren un 31% desta cara, en contraposición ás poucas manchas diseminadas da cara non visible, que cobren tan só un 2%.<ref name="Composition"/> Pensase que isto pode ser causado por unha [[KREEP|concentración de elementos productoresprodutores de calor]] baixo a codia na cara visible, tal como se ve nos mapas xeoquímicos obtidos polo [[espectrómetro]] de [[Radiación gamma|raios gamma]] do ''[[Lunar Prospector]]'', elementos que causarían que o manto de abaixo se quentase, se fundise parcialmente e saíse á superficie en erupcións.<ref name="S06" /><ref name="Maps-of-the-Moon" /><ref name="newmoon" /> A maior parte dos basaltos presentes nos mares xurdiu durante as erupcións do período ímbrico, fai cerca de 3-3,5 mil millóns de anos, agora ben algunhas mostras datadas a través de [[radiometría]] datan de fai 4,2 mil millóns de anos<ref name="Papike" /> mentres que as erupcións máis recentes datan de fai só 1,2 mil millóns de anos.<ref name="Hiesinger" />
 
As rexións máis claras da superficie lunar son denominadas ''terrae'' ou ''montañas'', xa que están máis elevadas que a maioría dos mares. Por datación radiométrica estableceuse que se formaron fai 4.400 millóns de anos, e poden representar os [[Cúmulo (xeoloxía)|cúmulos]] de [[plaxioclasio]] do océano de magma lunar.<ref name="Papike" /><ref name="Hiesinger" /> Ao contrario que a Terra, non se cre que se formaran importantes montañas lunares como resultado de eventos [[placa tectónica|tectónicos]].<ref name="Munsell" />