Unión de Labradores de Montecubeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado a nota do xornal "El pueblo gallego"
Liña 2:
A '''Unión de Labradores de Montecubeiro''' foi unha sociedade de carácter republicano e anticaciquil, con fins recreativos, culturais e cívicos, fundada na [[Segunda República Española|Segunda República]].
 
Pretendían mellorar a [[agricultura]], o desenvolvemento social e representar os intereses dos labregos. En xuño do ano 1931 aprobouse o seu regulamento. Posteriormente no mes de xullo de 1931 constituíuse a sociedade e elixiuse a primeira directiva inscribíndose no acto trinta e cinco socios da parroquia de [[Montecubeiro]] e arredores. Colaboraban con outras asociacións republicanas da rodeada. O 20 de outubro de 1935 <ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', sábado, 26 de outubro de 1935, px. 10.</ref> asistiron á inauguración da biblioteca escolar na aldea de [[San Bernabel, Martín, Baleira|San Bernabel]] promovida por [[Argimiro Rico Trabada]]. Segundo unha acta de decembro do ano 1935 había 219 socios. No ano 1936 e 1937 a Unión de Labradores sufriu a represión. Varios socios e familiares foron detidos, expedientados ou asasinados.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
 
{{Control de autoridades}}