Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Imperio medio: arranxiño
Liña 99:
{{Artigo principal|Imperio Medio de Exipto}}
[[Ficheiro: Mentuhotep Seated edit.jpg|miniatura|170px|Mentuhotep II, o fundador do Imperio Medio]]
Os faraóns do [[Imperio Medio de Exipto|Imperio Medio]] devolveron a prosperidade e a estabilidade do país, situación que alentou un rexurdimento da arte, a literatura, e os proxectos de construción monumental.<ref>Shaw (2002) páx. 148</ref> Mentuhotep II e os seus sucesores da 11ª Dinastía lexislaron desde Tebas, pero o visir [[Amenemhat I]], ao asumir a coroa ao comezo da 12ª Dinastía ao redor de 1985 a.C., cambiou a capital nacional a cidade de [[Itjtawy]] localizada en [[Faium]].<ref>Clayton (1994) pàg. 79</ref> Desde Itjtawy, os faraóns da 12ª Dinastía comprometéronse a levar a cabo unha recuperación territorial de longo alcance e un proxecto de irrigación para incrementar o excedente agrario da rexión. Por outra banda, o exército reconquistou territorio a Nubia rica en minas de pedra e ouro, mentres os traballadores construían unha estrutura defensiva no Delta Oriental, chamada as " [[Semna|Muros-do-Rei]]", para defenderse dos ataques estranxeiros.<ref>Shaw (2002) pàg. 158</ref>
 
Tendo o exército asegurado e seguridade militar e política e vastas riquezas agrícolas e minerais, a poboación, a arte, e a relixión da nación afloraron. En contraste coas actitudes elitistas do Imperio Antigo cara aos deuses, o Imperio Medio experimentou un incremento nas expresións de devoción persoal e o que se podería chamar [[Democracia|democratización]] da vida de ultratumba, na que todas as persoas posuían un alma e podían ser ben recibidas dentro da compañía dos deuses logo da morte.<ref>Shaw (2002) pág. 179–82</ref> A literatura do Imperio medio caracterizábase por tratar temas e personaxes sofisticados escritos nun estilo seguro e elocuente,<ref name="Shaw146"/> e os [[Baixorrelevo|relevos]] e retratos escultóricos do período capturaron detalles sutís e individuais que lograron novas metas de perfección técnica.<ref>Robins (1997) pàg. 90</ref>