Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Imperio Novo de Exipto
m →‎Historia: Imperio Medio de Exipto
Liña 97:
 
=== Imperio medio ===
{{Artigo principal|Imperio Medio de Exipto}}
[[Ficheiro: Mentuhotep Seated edit.jpg|miniatura|170px|Mentuhotep II, o fundador do Imperio Medio]]
Os faraóns do [[Imperio Medio]] devolveron a prosperidade e a estabilidade do país, situación que alentou un rexurdimento da arte, a literatura, e os proxectos de construción monumental.<ref>Shaw (2002) páx. 148</ref> Mentuhotep II e os seus sucesores da 11ª Dinastía lexislaron desde Tebas, pero o visir [[Amenemhat I]], ao asumir a coroa ao comezo da 12ª Dinastía ao redor de 1985 a.C., cambiou a capital nacional a cidade de [[Itjtawy]] localizada en [[Faium]].<ref>Clayton (1994) pàg. 79</ref> Desde Itjtawy, os faraóns da 12ª Dinastía comprometéronse a levar a cabo unha recuperación territorial de longo alcance e un proxecto de irrigación para incrementar o excedente agrario da rexión. Por outra banda, o exército reconquistou territorio a Nubia rica en minas de pedra e ouro, mentres os traballadores construían unha estrutura defensiva no Delta Oriental, chamada as " [[Semna|Muros-do-Rei]]", para defenderse dos ataques estranxeiros.<ref>Shaw (2002) pàg. 158</ref>