Estatuto Real de 1834: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
→‎Notas: engado cda
Liña 1:
{{enuso}}O '''Estatuto Real''' foi promulgado en [[España]] en abril de [[1834]] pola rexente [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina de Borbón]] a xeito de [[carta outorgada]], como a que rexeu en [[Francia]] durante o reinado de [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII]], pola que se creaban unhas novas [[Cortes Xerais|Cortes]] a medio camiño entre as Cortes estamentais e as modernas, xa que estaban integradas por un Estamento de Próceres (ou [[Senado|Cámara Alta]], a imitación da [[Cámara dos lords|Cámara dos Lores]] británica), cuxos membros non eran elixidos senón que eran designados pola Coroa entre a [[nobreza]] e os posuidores dunha gran fortuna; e un Estamento de Procuradores (ou [[Congreso|Cámara Baixa]], a imitación tamén da [[Cámara dos Comúns (Reino Unido)|Cámara dos Comúns]] británica), cuxos membros eran elixidos mediante un [[Sufraxio censitario|sufraxio moi restrinxido]] que incluía a pouco máis de 16.000 persoas, sobre unha poboación de 12 millóns de habitantes<ref>Fuentes, J.P. (2007), p. &nbsp;94-95.</ref>.
 
Non era unha [[Constitución]], entre outras razóns, porque non emanaba da [[soberanía nacional]] senón da soberanía do rei absoluto que autolimitaba os seus poderes por propia vontade, seguindo o modelo da monarquía restaurada en Francia despois de [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] con [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII.]] "''Non había nada semellante a unha declaración de dereitos e liberdades nin apenas outra cousa que non fose a mera convocatoria de Cortes. [[Constitución española|A]] propia terminología empregada (estamentos no canto de cámaras, procuradores no canto de deputados) denotaba unha vontade explícita de situar o réxime do Estatuto lonxe da tradición constitucional do liberalismo español''"<ref>Fuentes, J.F. (2007), p. &nbsp;94.</ref>.
 
== Contexto histórico ==
[[Ficheiro:MartinezRosa-1-.jpg|dereita|miniatura|306x306px|[[Pintura ó óleo|Óleo]] de Francisco Martínez de la Rosa]] nun((1787-1862). cadroSe conservadoconserva no [[Ateneo de Madrid]]).]]
Á morte de [[Fernando VII]] en setembro de [[1833]], a súa esposa, [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]] accedeu ao trono en calidade de [[Rexencia|Rexente]] ante a minoría de idade da futura raíña [[Isabel II de España|Isabel II]]. Atopouse enfrontada ao irmán do rei falecido, [[Carlos María Isidro de Borbón]], que non recoñeceu a derrogación da [[Lei Sálica]], que impedía ás mulleres acceder ao trono de [[España]] pola [[Pragmática Sanción de 1789]] de [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e ratificada e promulgada polo propio Fernando VII en marzo de 1830 e que levaría ao enfrontamento bélico entre os pretendentes á Coroa, coñecido como a [[Primeira guerra carlista|Primeira Guerra Carlista]].
 
María Cristina de Borbón confirmou no seu posto á fronte do gabinete ao absolutista "reformista" [[Francisco Cea Bermúdez|Cea Bermúdez]] para que continuase coa política de [[Despotismo Ilustrado|despotismo ilustrado]] e así evitar os cambios políticos en profundidade que acabasen cos poderes absolutos do rei e coa "orde tradicional".<ref>Fuentes. J.P. (2007), p. &nbsp;92.</ref>
 
Con todo, pronto se fixo evidente que con meras reformas administrativas non se podería facer fronte á ameaza do [[carlismo]] (e a dos liberais retornados de exilio), a causa, entre outras razóns, do déficit crecente da Facenda e o consecuente aumento da [[débeda pública]]. Así, María Cristina, o [[15 de xaneiro]] de 1834, substituíu a Cea Bermúdez polo liberal "[[Partido Moderado|moderado]]" [[Francisco Martínez de la Rosa]], quen mantivo ao absolutista "reformista" [[Javier de Burgos]] á fronte do [[Ministerio de Fomento de España|Ministerio de]] Fomento<ref>Fuentes, J.P. (2007), p. 92.</ref>.
 
O proxecto do goberno de Martínez de la Rosa, apoiado por Javier de Burgos, foi iniciar unha controlada transición política que, en palabras do tamén moderado [[Manuel Pando Fernández de Pineda|Marqués de Miraflores]], consistía en «''seguir o camiño das reformas empezadas, pero sen tratar o máis mínimo de variación das formas de goberno''». Desa forma pretendíase resolver a contradición existente no bando "cristino", que unha monarquía absoluta buscase o apoio dos [[Liberalismo|liberais]] que pretendían transformala nunha [[Monarquía constitucional|monarquía constitucional.]] A peza mestra desa estratexia reformista foi a promulgación do "Estatuto Real" en abril de 1834.
Liña 49:
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* Fuentes, Juan Francisco (2007). &nbsp;''El fin del Antiguo Régimen (1808-1868). Política y sociedad''. Madrid: Síntesis. &nbsp;ISBN: 978-84-975651-5-8.
 
* Villaroya, Tomás J. Tomás (1968). ''O sistema político do Estatuto Real'' (1834-1836). Madrid: Instituto de Estudios Políticos. ISBN: &nbsp;9788425903090
 
=== EnlacesLigazóns externosexternas ===
* [http://www.cervantesvirtualfilosofia.comorg/servlethem/SirveObrasdep/49134064215809640303346boe/8340416.htm Texto íntegro do Estatuto Real de 1834] en filosofía.org
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Constitucións de España]]
[[Categoría:1834]]