Ludwig van Beethoven: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Liña 36:
 
=== Primeiros anos ===
O primeiro profesor de música de Beethoven foi seu pai. Aínda que a tradición di que Johann van Beethoven era un instructorinstrutor duro, o ''Grove Dictionary of Music and Musicians'' alega que non hai documentación sólida que apoie este feito. Beethoven tivo outros mestres locais: o organista da corte Gilles van den Eeden (morto en [[1782]]), Tobias Friedrich Pfeiffer (un amigo da familia que ensinou piano a Beethoven), e Franz Rovantini (un parente, que o instruíu no [[violín]] e na [[viola]]). O talento musical de Beethoven era xa obvio nos seus primeiros anos. Johann, consciente dos éxitos de [[Leopold Mozart]] nesa área (co seu fillo [[Mozart|Wolfgang]] e a súa filla [[Maria Anna Mozart|Nannerl]]), intentou explotar ao seu fillo como un [[neno prodixio]], comezou a ensinarlle [[piano]], [[Órgano (música)|órgano]] e [[clarinete]] a temperá idade<ref name="biografía">{{cita web | url=http://www.lvbeethoven.com/Bio/LvBeethoven-Biografia.html | editor=lvbeethoven.com |título=Biografía de Beethoven | dataacceso=24 de marzo de 2009}}</ref>,Con todo, o estudo musical coartou o desenvolvemento afectivo do neno, que apenas se relacionaba con outros nenos. En metade da noite, Ludwig era sacado da cama para que tocase o piano aos coñecidos de Johann, a quen quería impresionar; isto causaba que estivese cansado na escola. Xa era usual que deixase de asistir a clases e quedase en casa para practicar música.
 
O pai era [[alcoholismo|alcohólico]], o que supuxo que perdese o posto de [[director de orquestra|director da orquestra]] de Bonn -posto herdado do avó Ludwig-, e a nai estaba frecuentemente doente. Aínda que a relación con Johann fose máis ben distante, Ludwig amaba moito á súa nai, á que denominaba a súa «mellor amiga».<ref name="biografía" />
Liña 55:
En [[1789]] Beethoven obtivo unha orde xudicial pola que se lle pagou directamente a el a metade do salario do seu pai para axudar á familia. Tamén contribuíu a aumentar os ingresos da familia tocando a viola na orquestra da corte. Isto familiarizou a Beethoven con distintas [[ópera]]s, incluídas tres de [[Mozart]] que foron interpretadas na corte nese período. Tamén fíxose amigo de [[Anton Reicha]], un frautista e violinista da súa idade que era sobriño do director da orquestra da corte, [[Josef Reicha]]. O seu pai faleceu finalmente o [[18 de decembro]] de [[1792]].<ref name="biografía" />
 
A formación de Beethoven deixaba bastante que desexar en case todos os aspectos que non fosen musicais (e ata en isto había motivos para a desconfianza). Este baleiro cultural foi cariñosamente enchido por diferentes persoas, algunhas das cales terían gran influencia no músico ata os últimos anos da súa vida. Moi en primeiro lugar débense citar os Breuning. A nai desta familia, unha intelixente e distinguida viúva, contrataría a Beethoven como profesor de música dos seus catro fillos, pero pronto o mozo músico foi tratado como un íntimo, e a señora Von Breuning pasou a ser unha segunda nai para o artista á vez que mentora e mestra. A ela debeu Beethoven os seus coñecementos de [[lingua francesa|francés]], o perfeccionamiento do [[latín]] e a aprendizaxe de non pouca [[aritmética]], así como o primeiro contacto profundo e fructíferofrutífero coa mellor literatura alemá.
 
O conde Ferdinand Waldstein, que o levou a Viena, foi un dos primeiros admiradores da arte de Beethoven e do mesmo xeito que Stephan von Breuning, fillo da señora Von Breuning, sería unha das persoas máis próximas ao músico durante moitos anos. O mesmo pódese dicir de Franz Anton Ríes e do seu fillo Ferdinand: aquel foi profesor de [[violín]] de Beethoven e unha das primeiras persoas en apreciar o talento creativo do mozo; Ferdinand sería un dos máis asiduos compañeiros de Beethoven en Viena.