Mumia Abu-Jamal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Nova Jersey
m Bot: Substitución automática de texto (-condea +condena); cambios estética
Liña 1:
'''Mumia Abu-Jamal''' (anteriormente chamado '''Wesley Cook'''), nado en [[Filadelfia]] o [[24 de abril]] de [[1954]], é un xornalista e activista político [[afroamericano]], actualmente na cadea baixo a acusación de asasinato. Membro dende cedo do [[Panteras Negras|Partido Pantera Negra]], Abu-Jamal foi encarcerado en [[1981]] polo asasinato do policía Daniel Faulkner, de [[Filadelfia]]. En principio foi condeadocondenado a [[pena de morte]], pero a súa sentenza foi revisada en decembro de [[2001]] e substituída pola de [[cadea perpetua]]. Abu-Jamal cumpre a súa pena na prisión de máxima seguridade SCI-Greene.
 
O caso de Abu Jamal recibiu atención internacional. Moitos dos seus simpatizantes proclaman a súa inocencia e denuncian que a súa detención e condena foron motivadas por causas políticas, considerándoo un [[preso político]]. Os detractores, pola súa banda alegan que foi legalmente condenado por asasinato e que tivo o beneficio dunha revisión do proceso.
Liña 44:
Willian Cook, presente na escena do crime desde o principio, non testemuñou, pero presentou unha declaración xurada manifestando o seu desexo de facelo e declarando que Mumia non matara o oficial. Mumia Abu-Jamal tampouco testemuñou na súa propia defensa, segundo unha declaración de 2001, pola falta de confianza no seu avogado, quen nunca lle preguntara o acontecido aquela noite, polo feito de ser expulsado á metade do xuízo, e tamén para non dar a sensación de que aceptaba as condicións dun xuízo que consideraba inxusto.
 
O xurado, tras unha deliberación de dous días, considerouno culpábel e foi por tanto condeadocondenado a morte. O número de irregularidades durante o xuízo de Abu-Jamal levaron a moita xente a considerar que a condena debía ser invalidada. Mesmo dentro dos sectores que crían na culpabilidade de Mumia, houbo voces que consideraron que, mesmo así, non recibira un xuízo xusto.
 
As asociacións de policías, e outras organización, así como a familia de Faulkner, apoiaron a condeacondena a morte, na crenza de que o asasinato de Faulkner tivera lugar durante unha detención legal e de que o xuízo de Mumia fora xusto. Maureen Faulkner, a viúva de David, manifestou sempre un especial interese en que fosen respectados os resultado do xuízo orixinal.
 
No ano [[2001]] un estenógrafo declarou que escoitara dicir ao xuíz responsábel do caso a frase "Axudemos a fritir este negro". A declaración tomouse como base para as apelacións de 2005 sobre prexuízos raciais, que finalmente foron admitidas a trámite.
Liña 93:
 
{{ORDENAR:Abu-Jamal, Mumia}}
 
[[Categoría:Membros das Panteras Negras]]
[[Categoría:Nados en 1954]]