Desaparafusador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Historia: Ref harv
Liña 5:
== Historia ==
[[Ficheiro:Cordless_drill.jpg|miniatura|Desaparafusador eléctrico con batería.|235x235px]]
Os desaparafusadores documentados máis antigos foron utilizados en [[Europa]] na [[Idade Media]]. Foron inventados no [[século XV]], en [[Alemaña]] ou [[Francia]]. Os nomes orixinais da ferramenta en alemán e francés foron ''schraubendreher'' e ''tournevis'', respectivamente. A primeira documentación coñecida da ferramenta atópase no ''Housebook of Wolfegg Castle'', un [[manuscrito]] [[medieval]] escrito entre [[1475]] e [[1490]].<ref name="Rybczynski2000pp90-94">{{Harvnb|Rybczynski, Witold (|2000) |pp. =90–94.}}</ref>
 
; Desaparafusador de estrela
En [[1933]], Oregonian J.P. Thompson inventou un "parafuso encaixado cruciforme", pero non atopou promotores para a súa proposta. A súa invención languideceu ata que o enxeñeiro [[Henry Phillips]], a quen lle gustou a idea, comprou os dereitos de [[patente]] para o deseño de Thompson.<ref>[http://www.ehowenespanol.com/historia-del-destornillador-cabeza-phillips-hechos_511469/ ehowenespanol]</ref> Phillips recoñeceu as vantaxes da forma de cruz ou estrela encaixada da cabeza do parafuso: o desaparafusador encaixaba na cabeza destes parafusos mellor que cun desaparafusador de cabeza plana e un parafuso rañurado; tamén permitía máis forza de torsión con menos esforzo.