Iosif Stalin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Segunda Guerra Mundial (1939-1945): Arranxos varios, replaced: Estados Unidos da América → Estados Unidos de América
Liña 70:
=== Segunda Guerra Mundial (1939-1945) ===
[[Ficheiro:Molotov-Stalin.png|dereita|miniatura|175px|[[Stalin]] e [[Viacheslav Mólotov|Mólotov]].]]
O [[23 de agosto]] de [[1939]] asinou con Hitler o [[Pacto Ribbentrop-Molotov]], un pacto de non-agresión que recibiu o nome dos ministros de exteriores [[Alemaña|alemán]] e [[soviético]]. Stalin esperaba gañar tempo e reorganizar a forza industrial-militar da cal a Unión Soviética non podería prescindir con vistas a un enfrontamento coa [[Nazismo|Alemaña nazi]], que para algúns sempre fora inevitable. Por outra parte, Hitler estaba ansioso por evitar un enfrontamento inmediato cos soviéticos, pois naquel momento ía ocuparse de [[Gran Bretaña]] e [[Francia]]. Mais a [[Operación Barbarroxa|invasión da Unión Soviética polas forzas alemás]] en [[1941]] levouno a aliarse co [[Reino Unido]] e os [[Estados Unidos dade América|Estados Unidos]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Baixo a súa forte dirección, o exército soviético conseguiu facer recuar os invasores –non sen terribles perdas humanas– e ocupar terras na [[Europa Oriental]], contribuíndo decisivamente á derrota da Alemaña nazi.
 
Os seus críticos, como [[Lev Trotski]], denunciaron o pacto co goberno nazi coma unha traizón imperdoable e un máis dos crimes do [[estalinismo]] contra o movemento obreiro internacional. O estalinismo sempre o considerou unha xenial manobra de Stalin argumentando que impediu o avance nazi, gañando tempo, o que lle permitiu vencer na [[Segunda Guerra Mundial]].