Jeet Kune Do: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte".
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 8:
Foi creada por Bruce Lee entre os anos 1960 e 1973 aínda que nun principio estivo baseada no [[wing chun|Wing chun chuan fa]] (esta interpretación pode verse como unha referencia ó principio do Wing Chun de simultánea defensa e contraataque), o Jeet Kune Do, primeiramente chamado "Jun Fan Gung Fu" (chinés: 振藩功夫; cantonés: Janfàan Gūngfū; pinyin: Zhènfán Gōngfū. Literalmente: "O Kung Fu de Bruce Lee") é un método de combate novo.
 
Jeet Kune Do non é [[Kung Fu]] [[China|chinés]] tradicional. É o resultado da investigación e a "fusión" de Wing Chun, o [[boxeo occidental]], a [[esgrima]] e de técnicas novas e propias que buscan a efectividade ante todo. Pero o mestre Lee morreu xovencedo, en [[1973]], sen poder deixar unha comprensión completa da súa arte. Porén, abriu o camiño á superación a varias xeracións coa súa forma de pensar, converténdose no mellor loitador e especialista en artes marciais.
 
De todos modos o mestre Bruce Lee reflectía en todas e cada unha das súas películas a súa peculiar arte de combate, o ''Jeet Kune Do'', quedando así gardadas algunhas das súas técnicas nestas e no seu libro, no que demostraba a través de fotografías este estilo tan técnico como efectivo.
 
== Filosofía ==
Lee defendía o ''Jeet Kune Do'' como unha filosofía alén das artes marciais: ''"A arte do Jeet Kune Do é sinxelamente o de simplificar. Favorecer a carencia de forma para poder asumir tódalas formas", "Usándoa no camiño como camiño e a non limitación como limitación"''.
 
O feito de que o fundador do ''Jeet Kune'', Bruce, estudara [[filosofía occidental]] na [[Universidade de Washington]] e á vez exercera como profesor de [[filosofía chinesa]], expoñen a súa personalidade e traxectoria como froito deste coñecemento aplicado ás artes marciais, o cal esta intimamente vencellado ás súas raíces. As bases chinesas [[Confucianismo|confucianistas]] (Deus é a humanidade e a finalidade do pensamento a harmonía da vida) e as bases do [[taoísmo]] (unha forma de ver o mundo e de vivir integrada en harmonía coa natureza); Oo símbolo do taoísmo é a [[auga]]; o distintivo é o [[ying-yang]]; a [[flexibilidade]] é o concepto fundamental do [[Tao]]. Disciplinas como o [[jiu-jitsu]], que consiste en aproveitar o impulso do adversario para desvialo no momento oportuno e derrotalo coa súa propia forza baséanse no taoísmo.
 
Nestas mentalidades chinesas, as cousas cotiás e insignificantes adoitan ter un significado moi profundo.
 
O ''Jeet Kune Do'' é simple, directo e "non clásico": [[Bruce Lee]] desenvolveu o concepto único das artes marciais para cada persoa, xa que un non se ten que axustar ó ''Jeet Kune Do'', senón que debe axustar a arte a un mesmo. Pode ser calquera cousa menos estática e, se cadra debido a isto, unha das principais características do ''Jeet Kune Do'' é a constante evolución, e a frase de Lee "O non-límite como límite" que rixe ós seus practicantes. O proceso de aprendizaxe do ''Jeet Kune Do'' é de seu un proceso de "desaprendizaxe", é simplificar, é evitar posicións anatomicamente incorrectas e filosofías pragmaticamente equívocas, é centrarse na loita e non ver alén do combate en si para non perder o obxectivo: gañar e sobrevivir.
 
Os 3 piares do ''Jeet Kune Do'' son a [[velocidade]], a [[aliñación]] e o [[desprazamento]]. Efectividade, e o "Golpeo e ti non me tocas" como tradución de "Jeet Kune Do", ou "Puño que Interceptaintercepta". É dicir, evitar que o ataque do contrario xurda efecto.
 
Os movementos son unha combinación de defensa-ataque baseada na simpleza e efectividade máis que en figuras clásicas. A mentalidade fronte ó combate ha de ser unha mentalidade gañadora, sen anticiparse ó resultado do combate, deixando que a natureza flúa.
 
== Feitos do JKD ==
* Estrutura pechada e economía no ataque e na defensa (Ataque: Golpesgolpes vivos cos membros adiantados. Defensa: Chi Sao)
* As armas para golpear e patear deben ser versátiles, soltas e fluídas. As ''fortes'' ferramentas a través dun pulimento continuo.
* O ritmo roto, o medio compás e o compás dun ou de tres e medio (tanto o ataque como á contra).
Liña 34:
* Traballo sen crispación, tácticas de ataque inesperadas.
* Fortaleza corpo a corpo:
::* Arremetidas con cambio de posición, Proxeccións, agarres e inmobilizacións.
* Combate total no [[sparring]], adestramento por contacto real sobre brancos móbiles.
* Estrutura total máis ca parcial. Expresión individual máis ca colectiva, espontaneidade fronte a rixidez. O adestramento de ''continuidade do eu expresivo'' detrás dos movementos físicos.
Liña 41:
 
== O arsenal ==
[[Bruce Lee]] dixo:
 
{{Cita|A bagaxe técnica do Jeet Kune Do é moi ampla, tan ampla como a túa imaxinación cho permita, recorda o non-límite como límite, asentados sobre unha sólida base, como é unha garda lateral, con xeonllos lixeiramente flexionados, talóns levemente levantados e desprazamentos laterais realizados sobre as puntas dos pés.''''<ref>''The Tao of Jeet Kune Do''</ref>}}
 
En canto a golpes de man, están o o ''finger jab'', o ''jab cross'', ''uppercut'' ou os golpes de revés. No plano das patadas, cabe destacar que se considera a patada lateral como o golpe máis potente do arsenal técnico. As patadas baixas, ó igual que as patadas en xiro, frontais, en revés, descendentes, ascendentes, en salto e todo tipo de golpes cos xeonllos , ó igual que o uso do cóbado en xiro ascendente, en xiro diagonal ou vertical. As patadas de xiro, se están ben aplicadas, poden ser moi fortes. Absolutamente todo está permitido. "A rúa non é un torneo". O estilo que máis se asemella ó ''Jeet Kune Do'' é o [[boxeo tailandés]]. A enerxía prodúcese cando a non-intención inicia o movemento desde o pé atrasado e flectado, subindo polos músculos da perna, entrando na cadeira, finalmente viaxando polo dorsal entrando no brazo e colapsando no momento do impacto. O corpo debe ser suave e lixeiro, sen forza bruta, para non impedir o devir da enerxía.
 
Tamén están o "Chi-Sao" ("mans pegañentas", sen separar as mans do opoñente para obter información extra por medio do [[tacto]] para así mellorar o ''timing''), e o "Lop-Sao" ("mans que agarran", suxeitar a man ou brazo do opoñente para realizar un contragolpe).
 
== As seis enfermidades ==
O ''Jeet Kune Do'' é moito máis caque un método de combate. ''É unha das ávidas pólas que a vida nos descobre os seus segredos.'' Máis caque dunha técnica é o desenvolvemento físico e espiritual do individuo como tal. A mentalidade fronte ó combate ha de ser unha mentalidade de gañador, ou máis ben "positiva" (somos parte da natureza), sen anticiparse o resultado do combate, deixando que a natureza flúa. Unha técnica tan completa pode deformarse se quen a practica comete un destes seis errores fundamentais:
 
# O [[Desexo (filosofía)|desexo]] de vitoria.