Traizón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Traduzo desde es.wiki
 
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 22:
 
== Dimensión política ==
Politicamente, o termo "traidor" foi usado como un epíteto entre disidentes dun mesmo partido ou entre membros de distintos partidos para anular o capital político alleo. Tamén se recorre, de forma máis xenérica, a cualificar de traidores a funcionarios no poder que son percibidos como incumpridores dos deberes públicos prescritos polo estado, con independencia de que se poida verificar ou probar algunha acción traicioneiratraizoeira.
 
Nunha [[guerra civil]] ou [[insurrección]], os gañadores poden xulgar aos perdedores como traidores. De feito, na práctica, unha das condicións para enfrontarse a un xuízo por traizón é atoparse no bando perdedor. Por exemplo: [[Marco Junio Bruto|Bruto]], [[Quisling]], [[Petain]] ou [[Sadam Hussein]] tivesen sido homenaxeados como heroes se tivesen vencido e [[Gunga Din]], [[Simón Bolívar|Bolívar]], [[Stephen F. Austin]] ou [[La Malinche]] terían sido axustizados co cargo probado de traizón, se tivesen pertencido ao bando derrotado.
 
En certos casos, como na lenda da puñalada polas costas o ''[[Dolchstoßlegende]]'', a acusación de traizón cara a ampliosamplos sectores da sociedade constituíu unha mensaxe política unificadora para o grupo que a sostiña e a criminalización de quen a padeceron, os xudeus e esquerdistas.
 
== Notas ==