Poesía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 44:
[[Ficheiro:Robinsonjeffers.jpg|miniatura|esquerda|[[Robinson Jeffers]]]]
 
Os xeitos de crear o ritmo poético varían segundo as diferentes linguas e as tradicións poéticas. As linguas son descritas a miúdo como posuidoras de tempos estabelecidos polos acentos, as sílabas e as [[Mora (lingüística)|moras]] dependendo de como se fixa o ritmo, aínda que unha lingua pode ser influenciada por outros factores. O [[lingua xaponesa|xaponés]] é unha lingua co tempo baseado en [[Mora (lingüística)|moras]]. Entre as linguas co tempo baseado na sílaba cóntanse o [[Lingua latina|latín]], o [[Lingua catalá|catalán]], o [[Lingua francesa|francés]], o [[Lingua leonesa|leonés]], o [[Lingua galega|galego]] e o [[Lingua castelá|castelán]]. O [[Lingua inglesa|inglés]], o [[Lingua rusa|ruso]] e o [[Lingua alemá|alemán]] son linguas baseadas no acento.<ref>{{cita libro|autor=Schülter, Julia|título=Rhythmic Grammar|editor=Walter de Gruyter|ano=2005|páxinas=24, 304, 332}}</ref> As variacións na [[entoación]] tamén inflúen en como o ritmo é percibido. Hai linguas que poden basearse en calquera ton, coma o [[Lingua sánscrita|sánscrito védico]] ou o [[Lingua grega antiga|grego antigo]]. Entre as [[linguas tonais]] cóntanse o [[Lingua chinesa|chinés]], o [[Lingua vietnamita|vietnamita]] e moitas [[linguas níxeroníxer-congolesascongo]].<ref>{{cita libro|autor=Yip, Moira|título=Tone|editor=Cambridge University Press|ano=2002|isbn=0-521-77314-8|páxinas=1–4, 130}}</ref>
 
O ritmo métrico xeralmente involucra modalidades precisas de acentos ou sílabas en patróns repetidos chamados [[Pé (métrica)|pés]]. No inglés moderno, o patrón dos acentos nos versos permite diferenciar os pés, polo que o ritmo baseado na métrica se basea a miúdo no patrón de sílabas tónicas e átonas (soas ou [[elisión|elididas]]).<ref>{{Harvnb|Fussell|1965|p=12}}</ref> Por outra banda, nas [[Lingua clásica|linguas clásicas]], mentres as unidades [[prosodia|métricas]] son semellantes, a duración vocálica é a que define a métrica.<ref>{{cita libro|apelido=Jorgens|nome=Elise Bickford|título=The well-tun'd word : musical interpretations of English poetry, 1597–1651|ano=1982|editor=University of Minnesota Press|isbn=978-0-8166-1029-7|páxina=23}}</ref> Na poesía do [[inglés antigo]] emprégase un patrón métrico que implica diversos número de sílabas, pero un número fixo de fortes acentos en cada liña .<ref>{{Harvnb|Fussell|1965|pp=75–76}}</ref>