Kenya: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Países de África mediante HotCat |
Sen resumo de edición |
||
Liña 51:
Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do [[Océano Índico]]. O clima é máis frío nas [[sabana]]s arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do [[Monte Kenya]], que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de [[Provincia de Nyanza|Nyanza]], hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do [[Lago Vitoria]], o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case [[deserto|desérticas]]. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus [[safari (expedición)|safaris]], o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como [[Parque Nacional de Tsavo Leste]] e [[Parque Nacional Tsavo Oeste|Oeste]], o [[Maasai Mara]], o [[lago Nakuru]] e o [[Parque Nacional de Aberdare]]. Kenya ten varios lugares [[Patrimonio da Humanidade]] como a cidade de [[Lamu]] e varias praias famosas como [[Diani]], [[Bamburi]] e [[Kilifi]], onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.
A rexión dos [[Grandes Lagos Africanos]], da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o [[Paleolítico inferior]]. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a [[expansión bantú]] chegou até a zona dende [[África Occidental]] e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas [[Linguas
A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A [[economía de Kenya]] é a maior de África Oriental e Central.<ref>[http://www.imf.org/external/pubs/ft/weo/2011/01/weodata/weorept.aspx?pr.x=52&pr.y=2&sy=2008&ey=2011&scsm=1&ssd=1&sort=country&ds=.&br=1&c=644&s=NGDPD%2CNGDPDPC%2CPPPGDP%2CPPPPC%2CLP&grp=0&a= Ethiopia GDP purchasing power 2010: 86 billion]. Imf.org. 14 de setembro de 2006.</ref><ref>[http://www.imf.org/external/pubs/ft/weo/2011/01/weodata/weorept.aspx?sy=2008&ey=2011&scsm=1&ssd=1&sort=country&ds=.&br=1&c=664&s=NGDPD%2CNGDPDPC%2CPPPGDP%2CPPPPC%2CLP&grp=0&a=&pr.x=69&pr.y=14 Kenya GDP purchasing power 2010: 66 B llion]. Imf.org. 14 de setembro de 2006.</ref> A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O [[sector terciario]] tamén é un importante aspecto da súa economía.
|