Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-Cretácico +Cretáceo); cambios estética
Liña 32:
As anxiospermas son un grupo de [[espermatófita]]s recoñecido como [[monofilético]] desde hai moito tempo polos seus caracteres morfolóxicos distintivos, a súa monofilia foi sostida logo polos [[análises moleculares de ADN]].
 
A diversificación que sufriu este grupo é moi rechamante. No [[rexistro fósil]] aparecen a principios do [[CretácicoCretáceo]] (hai uns 130 millóns de anos), momento a partir do cal aparecen enormes cantidades de fósiles de especies moi diversas, coma se apareceran de golpe con toda a súa diversidade, o que Darwin chamou no seu momento un "abominable misterio". Aínda hoxe preto do 90 % das plantas terrestres pertencen a este grupo. Cunhas 257.000 especies viventes (Judd ''et al.'' 2002), as magnoliófitas son as responsables da maior parte da diversidade en [[espermatófita]]s, en [[embriófita]]s e en [[viridófita]]s.
 
Así como posúe moitas especies, este grupo tamén se caracteriza por posuír unha enorme diversidade de [[Hábito (planta)|hábitos]], e ocupar practicamente todos os nichos ecolóxicos posibles. Hai plantas [[arbusto|arbustivas]] e [[herbácea]]s, hainas terrestres e acuáticas, atópanse tanto nos desertos coma nos pantanos, no nivel do mar coma no alto dos montes. A súa diversidade de especies é moito máis alta en zonas tropicais e húmidas (ó redor do 60 % das especies son de zonas tropicais e un 75 % ten un crecemento óptimo en climas tropicais), onde dominan completamente a paisaxe, e vai diminuíndo o seu número cara ás latitudes altas, chegando a posuír unha representación baixa nas floras máis frías coma a da [[tundra]] (que aínda hoxe está dominada polas [[conífera]]s).
Liña 38:
Os membros desta división son a fonte da maior parte dos alimentos consumidos polo ser humano, así como de moitas materias primas e produtos naturais. O groso da alimentación mundial procede de só quince especies.
 
== Diferenzas na definición ==
Nalgúns textos considérase que só as anxiospermas son plantas con flores, xa que só consideran flores ás flores de anxiospermas (que ancestralmente posúen verticilos ou espirais ordenados de [[sépalo]]s, [[pétalo]]s, [[estame]]s e [[carpelo]]s, e posúen os [[óvulo (Botánica)|óvulos]] pechados nos carpelos de xeito que se poida acceder a eles a través do [[Estigma (botánica)|estigma]]). Aquí, seguindo a denominación de [[Pius Font i Quer|Pio Font Quer]] no seu ''Diccionario de Botánica'', considérase que unha "[[flor]]" é toda rama de crecemento limitado que posúa follas fértiles, polo que todas as [[espermatófita]]s (tanto anxiospermas coma [[ximnosperma]]s) posúen flores.
 
Liña 114:
'''2.1.- A hipótese do troco ambiental fisicoquímico'''
 
As evidencias sinalan que un bo número de trocos na composición florística do CretácicoCretáceo (hai 140-80 millóns de anos) coinciden cunha época de trocos ambientais globais, que inclúe unha actividade tectónica elevada, unha diminución de oxíxeno nos océanos, e unha expansión do chan oceánico cunha definitiva ruptura da Panxea, coa consecuente formación dos continentes de África e Sudamérica, e tornando distinguibles os pratos da India, Australia e a Antártida. Tamén houbo trocos importantes na composición da atmosfera debido á intensa actividade volcánica (principalmente aumento da concentración de dióxido de carbono), probablemente un subseguinte aumento da temperatura global, un aumento duns 100 metros no nivel do mar, e a desaparición dos xeos polares.
 
[[Ficheiro:Cretacico-isotermas-y-mapamundi.svg|miniatura|400px|'''Superficie terrestre durante o Cretáceo medio'''<small> (hai uns 100 millóns de anos). Nótense as isotermas, que anticipan que a temperatura global media era uns 4,8 °C máis alta que agora, e a ruptura da Panxea: cara ó norte obsérvanse Norteamérica e Europa, cara ó sur a Antártida, Australia e a India (aquí amplificados pola deformación do mapamundi), e no centro os continentes de África e Suramérica.</small>]]