Corazón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño de redacción
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 94:
O tubo primitivo é sometido a un proceso de reflexión en forma de "S" (''cor sigma'') e de rotación, co cal o seo venoso e o atrio primitivo se xuntan ó ventrículo e ó bulbo e se dirixen cara arriba e cara atrás. Un suco circular marca a fronteira entre a parte arterial e a parte venosa ou, máis precisamente, entre o ventrículo e a aurícula. Internamente, este suco corresponde a un relevo (crista) circular que estreita o [[Lume (bioloxía)|lume]] para formar a canle auricular ou atrial (atrioventricular), a canle de comunicación das aurículas cos ventrículos, a cal será transformada nunha ampla fisura polo crecemento de dous coxins musculares, anterior e posterior. Dende aquí se desenvolverán as vávulas atrioventriculares.
 
Subsecuentemente, a partir da cuarta semana, ocorre a septación das aurículas e dos ventrículos; a través deste proceso formaranse, sobre o [[plano sagitalsaxital]], o septo interatrial primitivo (''septum primum'') nas aurículas e o septo interventricular muscular. O ''septum primum'' separa parcialmente os dous átrios, presentándose como unha crista semilunar que xorden a partir do teito da aurícula cara aos coxins endocárdicos en fusión. Este proceso dá orixe ó forame oval primitivo. Co crecer do ''septum primum'', antes da obliteración total do forame oval primitivo, xorden perforacións no "septum primum", resultantes de apoptoses, representando o "forame secundum". Iníciase entón a formación do "septum secundum" e a dexeneración cranial do "septum primum"; simultaneamente, á dereita do ''septum primum'', dende a parede superior das aurículas, prodúcese o septo interatrial secundario, que reduce a amplitude do [[Forame oval (corazón)|forame oval secundario]], pero sen pechalo completamente. Este peche só ocorrerá á nascenza, ata entón os dous átrios permanecen en comunicación entre si, co fin de permitir que o sangue proveniente das veas cavas sexa derramado directamente no corazón esquerdo ''[[bypass|bypassando]]'' o pulmón.
 
O septo interventricular muscular orixínase na parte inferior e crece cara arriba, asumindo unha forma semilunar coa marxe superior libre e cóncava, cuxa extremidade únense ó ''septum intermedium'', unha estrutura que separa a canle auricular e é esencial ao aliñamento das canles atrioventriculares{{sfn|Testut e Latarjet|pp=487-488|Testut-Latarjet}} no cal van formar dous retallos con funcións de vávulas (a futura [[válvula mitral]] e a [[vávula tricúspide]]) e os [[cordóns tendinosos]], que emerxen dende o espesamento da parede interna dos ventrículos.<ref>{{cita web|url=http://digidownload.libero.it/histology/11-CUORE.pdf|formato=pdf|título= Apparato circolatorio primitivo|páxina=3-19|dataacceso=2 de outubro 2014}}</ref> O ''septum intermedium'' circunscribe, conxuntamente coa marxe libre do septo interventricular, o transitorio forame interventricular, que será obliterado na parte membranosa do septo interventricular.