Francisco de Quevedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
A maior parte da produción poética de Quevedo é satírica, mais como xa apercibiu o abate [[José Marchea]] as súas sátiras están mal dirixidas e, aínda que consciente das causas verdadeiras da decadencia xeral, é para el máis un mero exercicio de estilo que outra cousa e vértense contra o baixo pobo máis que contra a nobreza. Do mesmo xeito que outros escritores españois do século, coma [[Luis de Góngora]], Quevedo tamén participou de mofas e escarnios dirixidos contra Galiza e os galegos.<ref>[[Xosé Ramón Freixeiro Mato|Freixeiro Mato]] (2009) en [[Pilar García Negro|García Negro]], ''Sobre o racismo lingüístico'', [[Edicións Laiovento|Eds. Laiovento]]</ref> Nesta faceta satírica non tivo o atrevemento de, por exemplo, o outro gran satírico da súa época, [[Juan de Tassis e Peralta]], segundo [[Conde de Villamediá]].
 
Cultivou tamén unha fina lírica cortesá realizando un [[cancioneiro]] [[Petrarquismo|petrarquista]] en temas, estilo e tópicos, practicamente perfecto en técnica e fondo, en torno á figura de Lisi, que non hai que identificar con ningunha dama concreta, senón cun arquetipo quintaesenciado de muller. Destacan sobre todo os seus sonetos metafísicos, onde expón o seu máis íntimo desconsolo existencial, e os seus salmos, onde revela unhas dubidas relixiosas extremas, cercanaspróximas ás veces ao descreimento absoluto do [[nihilismo]]. A visión que dá a súa filosofía é profundamente pesimista e de trazos preexistencialistas. O leito preferido para a abundante vea satírica de que fixo gala é sobre todo o [[Romance (poesía)|romance]], mais tamén a ''[[letrilla]]'' ("Poderoso Caballero es Don Dinero"), vehículo dunha crítica social á que non se lle esconden os motivos máis profundos da decadencia de España, e o soneto.
 
Abominou da estética do [[Culteranismo]], a cuxo líder, [[Luis de Góngora]], atacou violentamente en sátiras persoais. Contra a pedantería e escuridade que lle imputaba propúxose tamén editar as obras dos poetas renacentistas [[Francisco da Torre]] e [[Frai Luis de León]].