Forzas produtivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m enerxía nuclear
Liña 4:
Subvirtiendo a concepción tradicional da historia, que situaba en primeiro plano as fazañas dos personaxes ilustres, o marxismo fai fincapé na vida material das sociedades. Para [[Karl Marx|Marx]], o primeiro feito histórico é a produción polos grupos humanos da súa propia existencia social. Para producir os bens necesarios para a súa subsistencia, os homes empregan certo número de medios materiais. Eses [[medios de produción]] son primeiro, elementos que se dan na natureza: [[terra]], [[bosque]], [[mar]] etc. Outros permiten transformar mediante o traballo materiais brutos en artigos de consumo.
 
A eses elementos asigna o marxismo o nome de '''forzas produtivas'''. Tales son as ferramentas e todas as forzas motrices utilizadas polo home ([[aire]], [[auga]], [[electricidade]], [[enerxía nuclear|enerxía atómica]] etcétera). Pero hai que incluír tamén entre as forzas produtivas todos os procedementos laborais, o agrupamento dos obreiros en fábricas ou talleres e logo en complexos industriais, a división do traballo e a súa racionalización etc. A ciencia intervén na formación das forzas produtivas.
 
Dentro da concepción marxista, as forzas produtivas están necesariamente en conexión cun tipo determinado de relacións entre os homes na produción e ata cun conxunto da formación social. Para [[Friedrich Engels|Engels]], o escasísimo desenvolvemento das forzas produtivas nas sociedades primitivas tiña por consecuencia a falta absoluta de propiedade privada de medios de produción e a inexistencia de clases antagónicas. Ese tipo de sociedade coñecería un [[modo de produción]] que Engels denomina [[comunismo primitivo]]. No entanto, as forzas produtivas non sofren unha evolución independente. Esta pode verse obstaculizada ou favorecida polo sistema das [[relacións de produción]] e polas superestruturas políticas e ideolóxicas.