Egin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Viascos (conversa | contribucións)
Amplío traducindo da version en castelan
Liña 1:
{{En uso}}
{{Curto de máis|data=marzo de 2017}}
{{Título en cursiva}}
 
'''''Egin''''' ("facer" en [[lingua éuscara|éuscaro]]), foi un [[diario]] vasco de información xeral e cun criterio de edición próxima á ideoloxía da [[esquerda abertzale]], e de carácter bilingüe ao incluír artigos escritos en eúscaro e castelán. Era editado en Hernani por Orain S. a. —empresa que tamén dirixía a emisora de radio Egin Irratia— e distribuído principalmente no País Vasco, Navarra e o País Vasco francés.
 
Durante anos diversos partidos políticos acusárono de estar ao servizo da organización terrorista ETA e foi marxinado economicamente polas institucións oficiais. Segundo algúns historiadores, o diario estaba controlado por Herri Batasuna, que expulsou da redacción aos xornalistas afíns a Euskadiko Ezkerra durante a Transición.
 
Foi clausurado en 1998 por orde do xuíz Baltasar Garzón. Con todo, en 2009 os tribunais resolveron que a súa actividade era lícita, contrariamente á anterior resolución; pero, debido ao tempo transcorrido, non foi posible reabrir nin o xornal nin a radio. O medio que pasaría a ocupar o espectro de Egin foi o diario Gara.
 
== Historia ==
 
Egin publicou o seu primeiro número o 29 de setembro de 1977. Segundo un dos seus fundadores, José Luís Elkoro, «dez acodes xuntámonos para pór 100.000 pesetas cada un: había un vendedor de coches, un carniceiro, un churreiro...»; ademais dos fundadores, houbo 24.000 cuentapartícipes, «que puxeron o seu gran de area, grande ou pequeno». Na súa primeira portada expresaba o seu agradecemento: «A todos os que esperastes este xornal. Ao grupo de fundadores que arriscou primeiro. Aos vintetantos mil conta-partícipes, sen esixir a cambio. A todos os que pensan neste xornal como instrumento para construír unha Euskal Herria -composta por sete provincias- que abra camiños para unha sociedade nova...».
 
A suposta vinculación entre Egin, ETA e a esquerda abertzale levou a varias institucións públicas, na época dos pactos entre partidos para illar á esquerda abertzale, a marxinar economicamente a Egin e negarse a incluír publicidade institucional no diario, a diferenza do que facían con outros medios. Segundo Elkoro, Egin pasou momentos moi difíciles: «A partir de aí sempre andabamos pedindo», e segundo el, «deixouse de pagar á Seguridade Social, só a cota empresarial, non a laboral» e «non deixamos de pagar porque non quixésemos, senón porque non podiamos, pero sempre tivemos intención de facelo».
 
== Características ==