Teoloxía da liberación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 1:
{{Sen referencias|data=febreiro de 2017}}
A '''teoloxía da liberación''' é unha escola importante e controversia na [[teoloxía]] da [[Igrexaigrexa Católicacatólica]] desenvolvida despois do [[Concilio Vaticano II]]. Dá grande énfase á situación social humana.{{Cómpre referencia}}
 
== Historia e características ==
O teólogo peruano [[Gustavo Gutiérrez]] é un dos máis influentes partidarios deste movemento. Tamén o teólogo [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Cornell West]] e o [[brasil]]eiro [[Leonardo Boff]] destacan. O movemento foi forte durante as décadas de [[década de 1960|60]] e [[década de 1970|70]], cando se espallou de forma especial na [[América Latina]] e entre os [[Xesuítas]], sendo unha das orientacións para o movemento das [[Comunidades Eclesiásticas de Base]] (CEBs). A súa influencia diminuíu desde que partes importantes da súa doutrina foran rexeitadas polo [[Vaticano]], e a partir do crecemento do movemento da [[Renovación Carismática Católica]].
 
Integrantes do movemento afirman que este sempre estivo baseado en ideas de amor e liberación de todas as formas de opresión (especialmente opresión económica). Tamén afirman que ten unha forte base nas escrituras sacras. Por outra banda, algúns aspectos da teoloxía da liberación foron fortemente criticados pola [[Santa Sede]] e por varias igrexas [[protestantismo|protestantes]] (aínda que a [[Igrexaigrexa Luteranaluterana]] a adoptase), principalmente polo que consideran un exceso de politización e pola aproximación entre a teoloxía da liberación e o [[Marxismo]].
 
O Papa [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]] solicitou á ''Congregación para a doutrina da fe'' (dirixida daquela polo agora Papa [[Bieito XVI]]) dous estudos sobre a Teoloxía da Liberación. Estes foron publicados en [[1984]] e [[1986]] cos nomes ''[[Libertatis Nuntius]]'' e ''[[Libertatis Conscientia]]''. Neles considérase que a pesar da importancia do compromiso radical que a Igrexa Católica asume cos pobres, a disposición da teoloxía da liberación a aceptar postulados de orixe marxista ou de outras ideoloxías políticas non era compatíbel coa doutrina, especialmente ao afirmar que só sería posíbel acadar a redención cristiá cun compromiso político.