Conquista do Imperio Azteca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Commonscat
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
''</span><br />}}
 
Como xa se dixo, a cidade de Tenochtitlan atopábase en todo o seu apoxeo. Polas rúas, varridas e adornadas con flores e papeis pintados, camiñaban milleiros de persoas e polas augas das súas canles, decoradas con arcos, centos de [[canoa]]s transportaban multitude de mercadorías. Todos esperaban impacientes a grandiosa festa de entronización de [[Moctezuma Xocoiotzin]], fillo de [[Axaiacatl]], coma o noveno [[tlatoani]] (ou o décimo se temos en conta a posible existencia de [[Tenoch]] como o primeiro emperador). Era o ano 9 [[tochtli]] (segundo o calendario azteca) correspondente ao [[1502]] para o mundo cristián. A cerimonia foi grandiosa e chea de vistosidade. Os regalos chegados de cada un dos rincónsrecunchos máis afastados da [[Tripla Alianza Azteca|Tripla Alianza]] fóronse acumulando. Xades, ouro, pedras preciosas, mantas de algodón, cacao, plumas e tocados fóronse anotando nos libros de contabilidade reais. Todo estaba baixo control. Porén, ao pouco tempo os habitantes da gran cidade da luz comezaron a observar algunhas novidades inquietantes. Moctezuma despediu os antigos serventes e oficiais reais da época de Ahuizotl e mandou traer a varios mozos (a maioría fillos dos señores de México, [[Texcoco]] e [[Tacuba]] para darlles os postos de goberno máis importantes e cambiou os actos militares polo coñecemento dos cultos relixiosos. Paralelamente, certos fenómenos aparentemente inexplicables viñeron a fomentar aún máis o clima de desconcerto.
 
== Véxase tamén ==