Burato negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
referencia
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Caracterización: unifico a terminoloxía
Liña 32:
 
== Caracterización ==
Un burato negro está limitado por un horizonte de sucesos do que nada pode fuxir, nin sequera a [[luz]], coa excepción da [[radiación de Hawking]], de aí que sexan "negros". A materia atrapada no campo gravitatorio dun burato negro usualmente forma un disco de [[acreción]] arredor do horizonte de sucesos, e a materia que disipa o seu [[momento angular]] no disco vai caendo no furadoburato.
 
A [[ergosfera]] é unha superficie elipsoide que rodea ó [[horizonte de sucesos|horizonte de eventos]], da que, en teoría, aínda se pode fuxir. Nela a materia encóntrase xirando ó redor a altísimas velocidades pretas ás da luz. O horizonte de eventos é a superficie que marca o límite dende o que xa non se pode fuxir. A [[singularidade]] é un punto ou zona de [[densidade]] e [[gravidade]] infinitas que se alcanza cun [[Volume (física)|volume]] nulo e un [[raio (xeometría)|raio]] cero. Estes ''infinitos'' e ''ceros'' o que realmente din é que a [[relatividade xeral]] non é axeitada para describilo, e probablemente precisa dunha [[teoría cuántica da gravidade]].
 
Un burato negro pode ser caracterizado ao completo con tres cantidades: [[masa]], [[carga eléctrica]] e [[momento angular]]. A masa e o momento angular determinan as propiedades do horizonte de sucesos do burato pero non nos di nada do seu interior, isto ten grandes implicacións, de xeito que un burato negro de un diámetro de 1 cm podería ter un radio ate o centro (ou singularidade) de millóns de quilómetros debido a distorsión que a singularidade central do burato exerce no tecido espaciotemporal. Un burato negro sen carga e sen momento angular é un [[furadoburato negro de Schwarzschild]], namentres que un furado negro rotatorio (con momento angular maior que 0) denomínase [[furadoburato negro de Kerr]] e só estes últimos son os que dispoñen de ergosfera (o principio de conservación do movemento angular nos di que a rotación é a mesma da estrela nai do burato). As solucións das ecuacións en ámbolos casos predín a existencia de [[burato de verme|buratos de verme]], que, en teoría, poden ser portas no [[espazo]]-[[tempo]] que poderían comunicar dous puntos afastados do [[Universo]] ou do [[tempo]], aínda que o seu propio 'inventor', [[Stephen Hawking]], renegou recentemente desta idea.
 
Crese que no centro da maioría das [[galaxia]]s (entre elas a [[Vía Láctea]]) hai buratos negros supermasivos, aínda que moitos deles están na actualidade inactivos.