Dereitos civís e políticos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Lyndon_Johnson_signing_Civil_Rights_Act,_July_2,_1964.jpg|dereita|250px|miniatura|[[Lyndon B. Johnson]] asinando a Acta de Dereitos Civís dos Estados Unidos o [[2 de xullo]] de [[1964]].]]
'''Dereitos civís e políticos''', ou '''dereitos civís''', son os dereitos que protexen as liberdades individuais do seu quebrantamento ilegal (represión) por parte do poder (sexa o dos [[goberno]]s ou o de calquera outro axente político público ou privado), e garanten a capacidade do cidadán para participar na vida civil e política do [[Estado]] en condicións de igualdade, e sen [[discriminación]]. Non hai que confundir o termo "dereitos". Os dereitos non están creados para outorgarlleoutorgarlles bens materiais ou inmateriais ás persoas, senón para evitar que as persoas sexan privadas do ben que protexe o dereito. Un exemplo moi común é o da saúde. Ó falar de dereito á saúde non falamos de que todas as persoas deban recibir saúde, senón que no momento que unha persoa solicite atención médica, está non pode ser privada desta atención.
 
Dereitos civís son os recoñecidos a todos os cidadáns pola [[lei]]; e niso distínguense dos [[dereitos humanos]] e dos [[Lei natural|dereitos naturais.]] Os dereitos civís son concedidos dentro dun Estado, mentres que os dereitos naturais ou os dereitos humanos son internacionais, e, téñense, ou ben polo mero feito de nacer, segundo a teoría iusnaturalista, ou ben pola mera constitución da sociedade, segundo a teoría contractualista (o [[Positivismo xurídico|iuspositivismo]], que separa moral e dereito, non se expón a existencia de dereitos naturais). [[John Locke]] sostivo que os dereitos naturais á [[vida]], a [[liberdade]] e a [[propiedade]] debían ser convertidos en dereitos civís e protexerse polo Estado [[Soberanía|soberano]] como aspecto do contrato social (dereitos constitucionais).