Illa da Toxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Toxa}}
{{Illa
| nome = A Toxa
Liña 51:
Constitúe un lugar da parroquia de [[O Grove, O Grove|San Martiño do Grove]], cunha poboación censada en [[2016]] de 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), segundo o [[Instituto Galego de Estatística]]; o que representa un descenso substancial respecto ó ano [[2010]], cando contaba con 49 veciños. Naturalmente, esta é unha cifra irreal xa que a poboación flotante da illa (ocupando as prazas hoteleiras e segundas residencias, máis os traballadores dos diferentes establecementos) é moito máis alta.
 
== Historia ==
Durante séculos foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu [[gando]] e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no [[século XIX]] dos seus lodos termais e [[Augas termais|augas medicinais]] pasou a ser de propiedade privada para explotar estas atractivos, construíndose o antigo [[balneario]] que trouxo consigo un aumento espectacular do [[turismo]] e o nacemento doutras dotacións.
 
== Centro termal ==
Trátase dunha das illas máis coñecidas de [[Galicia]] debido a ser un centro termal, de lecer e turístico. Conta con balnearios, antigas fábricas de [[xabón]]s e [[cosmético]]s, hoteis de luxo, campo de [[golf]], porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo, o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral, o chamado ''Monte central''. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos orientais e occidentais), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).
 
== Ermida ==
Posúe unha característica ermida consagrada a San Sebastián,<ref>[http://books.google.es/books?id=EX5CAAAAYAAJ&q=CAPILLA+%22LA+TOJA%22+SAN&dq=CAPILLA+%22LA+TOJA%22+SAN&hl=es&sa=X&ei=aD06T5DfOOmw0QXVqJzACw&ved=0CFYQ6AEwBDgo ''Boletín de la Real Academia de la Historia''] volume 59, 1969 {{es}}.</ref> cuxa planta orixinal data do século XII, recuberta hoxe completamente de cunchas de [[vieira]] nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome, por máis que os carteis colocados ante a capela insisten en que non se trata de tradición ningunha.
 
Dentro da ermida venérase a imaxe de San Caralampio.
 
== Galería de imaxes ==
:''Vexa o artigo principal en [[Galería de imaxes da Illa da Toxa]]''
<gallery>
Liña 70:
Ficheiro:Ponte da toxa 1-2.jpg|Ponte da Toxa.
</gallery>
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares da parroquia do Grove ===
{{Lp O Grove}}
=== Parroquias do Grove ===
{{O Grove}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}