Portocelo, Xove: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: Conta con → Ten
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Portocelo}}
{{Parroquia
|nome = Portocelo
Liña 13:
'''San Tirso de Portocelo''' é unha parroquia do concello [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Xove]]. Ten cinco núcleos de poboación. Segundo o [[IGE]] en [[2011]] tiña 293 habitantes (145 homes e 148 mulleres).
 
== Territorio ==
Na súa costa está a enseada de Portocelo, que serve de abrigo ao portiño, e onde tamén se sitúan tres praias que quedan comunicadas coa marea baixa. Máis ao oeste a costa é máis accidentada. Os accidentes máis importantes son a Punta de Roncadoira, onde se sitúa o [[faro de Punta Roncadoira]], sendo o extremo máis setentrional deste tramo de costa, Punta da Mansa e Punta Saíñas. Así mesmo, a escasa distancia da costa hai un conxunto de pequenas illas coñecidas como Os Netos e situado entre Punta da Mansa e Punta Saíñas.
 
== Economía ==
Os sectores económicos principais son a pesca e a agricultura. O marisqueo foi tradicionalmente un recurso auxiliar para as familias labregas e na actualidade o [[percebe]] e [[Ourizo de mar|ourizo]] son explotados profesionalmente. Canto á pesca, a frota que ten como base o porto de Portocelo redúcese a un pequeno número de embarcacións tradicionais. A agricultura é outro dos sectores económicos máis importantes da parroquia. Destacan o cultivo do [[millo]], [[grelo]]s e [[pataca]]. A explotación dos montes de [[eucalipto]] constitúen unha importante fonte de ingresos para os habitantes da zona.
 
== Patrimonio ==
A igrexa de San Tirso, cuxas ruínas aínda se poden ver en Portocelo, e a igrexa de Vilachá, construída no século XX en substitución da primeira.
 
== Historia ==
Na década de 1970 [[Fenosa]] promoveu a construción dunha [[central nuclear]] no lugar de Regodela. Este proxecto encontrou unha forte oposición tanto na sociedade galega da época como nos habitantes da zona, e o 10 de abril de 1977 tivo lugar unha manifestación histórica, na que 8.000 persoas marcharon desde [[Viveiro]] até [[Xove]].
 
=== Lugares de Portocelo ===
{{Lp Portocelo}}
=== Parroquias de Xove ===
{{Xove}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Xove]]
 
[[Categoría:Parroquias de Xove]]