Acción dramática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8186941
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
 
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Acción}}
 
A '''acción dramática''' é o conxunto de feitos ou actos, que conforman o [[argumento]] dunha determinada obra teatral; esta definición podería presupor equiparar a acción ó desenvolvemento temático, mais non é exactamente iso a acción dramática (no [[teatro]]), si o sería se só atendésemos ó [[texto]], pero o teatro é tamén [[Representación teatral|representación]]: a acción dramática é o soporte esencial sobre os que xira a noción mesma do espectáculo teatral,
Liña 8:
A acción dramática posúe unha natureza especificamente escénica xa que só pode realizarse por medio dos elementos que entren en xogo na representación concreta dunha determinada obra; a acción é o dinamismo que xorde do desenvolvemento do conflito argumental; en suma, a xénese e resultado final do propio espectáculo, concibido como expresión totalizadora dun xeito singular.
 
== Tipos de acción ==
* '''Acción ascendente versus acción descendente''': se a sucesión de circunstancias acontecidas ata a resolución en catástrofe é veloz, a acción é ascendente. Se, pola contra, observamos unha ralentización ó nos achegarmos a unha solución, a acción é descendente.
* '''Acción representada versus acción narrada''': cando a acción está modalizada pola voz dun [[narrador]] falamos de "acción narrada". Cando a acción cobre todo o ámbito da representación sen que haxa ningunha figura intermedia entre a representación e o espectador, falamos de acción representada.
* '''Acción interior versus acción exterior''': se a acción está mediatizada e é interiorizada polo [[personaxe]], falamos de acción interior; en cambio, a experimentada por este desde o exterior, sorprendente ou non, denomínase acción exterior.
* '''Acción principal versus acción secundaria''': a acción secundaria corresponde a unha intriga complementaria da acción principal. En xeral, cando a acción se centra na progresión do [[personaxe]] principal (protagonista), pode ser considerada acción principal.
* '''Acción colectiva versus acción individual''': frecuente nos dramas históricos ou na [[traxedia]], a acción colectiva é unha forza social que encamiña a heroes ou protagonistas a encarar o seu destino ou o destino do seu pobo.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* García Barrientos: Tiempos y drama. CSIC. Madrid 1991.
* Kunt Spang: Géneros literarios. Ed. Síntesis. Madrid 1983.
* Pavis, Patrice: Diccionario del teatro. Dramaturgia, estética, semiología. Ed. Paidós. Barcelona. 1980
 
=== Outros artigos ===
* [[Teatro]]
* [[Acción narrativa]]
 
[[Categoría:Crítica literaria]]