Alqueno: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 15:
A rotación no dobe enlace carbono–carbono está estrinxida porque romper o aliñamento dos [[orbital p|orbitais p]] dos dous átomos de carbono ten un custo enerxético. Como consecuencia, os alquenos substituídos poden existir como dous [[isómero]]s, chamados ''cis'' ou ''trans''. Os alquenos máis complexos poden nomearse coa [[notación E-Z|notación ''E''–''Z'']] para moléculas con tres ou catro substituíntes distintos (grupos laterais). Por exemplo, dos [[Buteno#Isómeros|isómeros do buteno]], os dous grupos [[metilo]] do (''Z'')-but-2-eno (tamén chamado ''cis''-2-buteno) aparecen no mesmo lado do dobre enlace, e no (''E'')-but-2-eno (tamén chamado ''trans''-2-buteno) os grupos metilo están situados en lados opostos. Estes dous isómeros do buteno son lixeiramente diferentes nas súas propiedades químicas e físicas.
Un xiro de 90° do enlace C=C (que pode ser determinado polas posicións dos grupos unidos aos carbonos) require menos enerxía que a forza que ten un [[enlace pi]], e o enlace pode resistilo.
=== Forma ===
|