Cohesión social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
A '''cohesión social''' designa, en [[socioloxía]], o grao de [[consenso]] dos membros dun [[grupo social]] ou a percepción de pertenza a un proxecto ou situación común. É unha medida da intensidade da interacción social dentro do grupo; pode ser medido cun test de índices ou simplemente descrito ou definido para cada caso. Atenta contra a cohesión a anomia, é dicir, o comportamento non baseado en normas.
 
Isto quere dicir que esas relacións son consensuisconsensuais, percibidas como xustas entre os grupos que gobernan e os que son gobernados. Demandan ou implican tanto a percepción do bo desempeño das autoridades e que esas sexan respectadas como que exista unha acción percibida como de [[Ben común|interese común]].
 
A cohesión dun grupo pode medirse mediante un test estatístico non paramétrico ou libre de distribución, como o [[coeficiente de correlación de Pearson|coeficiente de correlación de rangos de Pearson]] (''r'') ou o coeficiente de correlación de rangos de Kendall (''τ''), que comparan os resultados [[Escalar|escalares]] de varios cuestionarios sobre unha mesma variable en dous momentos diferentes deda [[mostraxe]] ou entre dúas variables diferentes pero relacionadas.
 
Ó discutir sobre os diferentes grupos sociais, dise que un grupo é un estado de cohesión (cando os membros posúen lazos que os unen uns con outros e co grupo como un só). Aínda que o termo cohesión é un proceso que consta de moitos factores, pódense distinguir catro compoñentes esenciais: as relacións sociais, as relacións de traballo, a unidade (que se percibe entre os membros do grupo) e as emocións dos integrantes.
 
O campo da [[Discriminación|discriminación social]] pode estudarse, dende as perspectivas sociolóxicas do interaccionismo simbólico, o funcionalismo ou a teoría do conflito, como un problema de cohesión social.