Diferenzas entre revisións de «Extorsión»

DRAG
(DRAG)
A '''extorsión''' é un [[delito]] que consiste en obrigar a unha persoa, a través da utilización de [[violencia]] ou intimidación, a realizar ou omitir un acto xurídico ou negocio xurídico con ánimo de lucro e coa intención de producir un prexuízo de carácter patrimonial ou ben do suxeito pasivo.<ref>{{Cita web|url=http://whitecollarattorney.net/extortion-lawyer/extorsion/|título=Extorsión {{!}} Legislación de Extorsión en E.U. {{!}} White Collar Attorney}}</ref><ref>{{DRAG|extorsión}}</ref>
 
== Natureza xurídica ==
É unha figura que se atopa entre os delitos de apropiación, xa que hai ánimo de lucro; os [[Scam|delitos de estafa]], porque require unha actuación por parte do suxeito pasivo consistente na realización ou omisión dun acto ou negocio xurídico; e o delito de ameazas condicionais, porque o suxeito activo coacciona óo pasivo para a realización do negocio xurídico.
 
Este delito ten unha localización independente, polo cal, aínda que garde relación, é unha figura distinta coas súas propias características. Ademais, é un delito pluriofensivo, xa que non se ataca só a un ben xurídico, senón a máis dun: propiedade, integridade física e liberdade.
33.317

edicións