Enrique Mayer: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
erro colocación pronome -se- |
m Desfixéronse as edicións de 77.27.101.48 (conversa); cambiado á última versión feita por Lameiro |
||
Liña 7:
Procedía dunha familia de artesáns alemáns afincada en Santiago, dedicada á fabricación de [[reloxo]]s e [[caixa de música|caixas de música]], aínda que el decantouse polo debuxo e o gravado. Estudou na Sociedade Económica de Santiago e foi alumno de [[Modesto Brocos]], así como tamén do [[xilografía|xilógrafo]] [[Arturo Carretero]] cando marchou a estudar en [[Madrid]].
Cando regresou a Santiago
Participou nos certames de Artes e Oficios de Santiago en [[1881]], onde obtén un ''diploma de primeira'', e [[1885]], cando obtén unha medalla de prata. Tamén acode á Exposición Rexional de Lugo de [[1896]] <ref>A ''Gran Enciclopedia Galega'' dá 1896 como data de celebración desta exposición de Lugo, pero na biografías de colaboradores da revista ''Gelmírez'' dáse a de 1885.</ref>, e obtén un diploma de honra; á Exposición de Arte Galega de Bos Aires de [[1920]] e á Exposición Nacional de Artes Decorativas, de Madrid, en [[1926]].
|