Enrique Mayer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
engado fotografía
erro colocación pronome -se-
Liña 7:
Procedía dunha familia de artesáns alemáns afincada en Santiago, dedicada á fabricación de [[reloxo]]s e [[caixa de música|caixas de música]], aínda que el decantouse polo debuxo e o gravado. Estudou na Sociedade Económica de Santiago e foi alumno de [[Modesto Brocos]], así como tamén do [[xilografía|xilógrafo]] [[Arturo Carretero]] cando marchou a estudar en [[Madrid]].
 
Cando regresou a Santiago sededicouse dedicou óao gravado en madeira e metal, publicando as súas obras en distintas revistas, coma por exemplo ''Galicia Diplomática''. Ilustrou tamén os libros de [[Antonio López Ferreiro]] ''Lecciones de arqueología sagrada'', ''El Pórtico de la Gloria'' e ''Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela''.
 
Participou nos certames de Artes e Oficios de Santiago en [[1881]], onde obtén un ''diploma de primeira'', e [[1885]], cando obtén unha medalla de prata. Tamén acode á Exposición Rexional de Lugo de [[1896]] <ref>A ''Gran Enciclopedia Galega'' dá 1896 como data de celebración desta exposición de Lugo, pero na biografías de colaboradores da revista ''Gelmírez'' dáse a de 1885.</ref>, e obtén un diploma de honra; á Exposición de Arte Galega de Bos Aires de [[1920]] e á Exposición Nacional de Artes Decorativas, de Madrid, en [[1926]].