Noite de san Xoán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 132:
 
=== Inversión da orde cotiá ===
Se nesta data o sol alcanza a maior forza e a maior sacralidade, na noite anterior o Mal ten tamén a maior forza e busca face-lo maior dano á xente, ó gando ou ás colleitas. Nesta noite, as bruxas reúnense nos maiores aquelarres, como no areal de [[Coiro, Cangas|Coiro]] (en [[Cangas]]) ou en [[Sevilla]], pero tamén se xuntan noutros lugares, como nas encrucilladas, e percorren as aldeas. Non só as meigas están máis activas esta noite senón tamén outros seres mitolóxicos: se se coloca un pano branco sobre un fento, á mañá poderémolo atopar cheo de trasgos.
 
Para protexe-las casas da acción das bruxas colócanse ramos de flores, [[cardo]]s ou [[lirio amarelo|espadanas]] nas portas e ventás. As primeiras, polo seu recendo, combaten o Mal; os segundos fano coas súas espiñas e as terceiras coas súas follas, imitantes dunha espada.
 
Tamén, por esta razón, os mozos dedícanse a facer bromas e ridiculiza-los veciños, collendo carros, arados, cancelas, dornas etc. e deixándoos nun lugar pouco accesible (como no medio do río ou sobre unhas escaleiras<ref>No ano 1997, en Lores (Meaño) apareceron dúas motos subidas a unha árbore (''[[Faro de Vigo]]'', 25.06. de xuño de 1997).</ref>) ou ben visible (como no [[adro]] da igrexa, na praza principal ou fronte ó concello); mesmo nalgún caso se botaron tamén na fogueira. Nos últimos anos obsérvase a proliferación de simples actos de vandalismo contra propiedades particulares, contedores de lixo ou mobiliario urbano. Estes ataques á propiedade pretenden atacar, simbolicamente, a orde social, e moitas veces as vítimas son aqueles veciños que polo seu carácter antisocial, son, así, castigados publicamente.<ref>Mariño (MARIÑOFerro. 2000. p. FERRO:487).</ref>
 
== Galería de imaxes ==