Noite de san Xoán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 69:
=== A auga ===
[[Ficheiro:Fonte do Sapo 2.jpg|miniatura|Fonte en [[Coruxo, Vigo]].]]
Tamén é común a crenza de que a [[a auga na cultura popular galega|auga]], que lava tanto a sucidade como as enfermidades ou, en xeral, o Mal, alcanza nesta noite propiedades máxicas superiores ás que poida ter no resto do ano. Por iso, acódese a ríos e fontes a practicar certos rituais, preferentemente ás máis próximas a mosteiros e santuarios, que transfiren a súa sacralidade á auga. Así, na fonte da Moza, na [[A Veiga|Veiga]] (Ourense), aparécese esta noite unha moura a peitea-los seus cabelos; esta mesma lenda está presente en moitos outros lugares de Galicia, como por exemplo no outeiro de Vimieiros (en [[Celanova]], Ourense)<ref>José Manuel Jesús Hidalgo: [http://vigoetnografico.blogspot.com/2009/02/el-tema-de-la-serpiente-en-la_14.html "El tema de la serpiente en la arqueología de Galicia"], artigo no blog ''Vigo etnográfico'', 14 de febreiro de 2009 {{es}}.</ref> ou no lugar de Doniz (en [[Espiñoso, Cartelle|Espiñoso]], [[Cartelle, Ourense]]). Na fonte de Bexán, en [[Cambados]], báñanse os enfermos de [[mal de ollo]] para rompe-lo feitizo. Na [[A Gudiña|Gudiña]], as [[meiga]]s reparten a auga que lle toca a cada veciño.
 
Chámase ''flor da auga'' á capa máis superficial, na que se reflicte o [[sol]] ó mencer e que por tal motivo posúe un misterioso efluvio que gardan as ninfas ou ''xanas'' da auga<ref>Lémbrese que a auga da [[pía bautismal]] debía ser bendecida ó mencer para ser sagrada.</ref>. No caso dunha fonte, este poder teno a primeira auga que deita no mencer. Nesta noite de san Xoán, a ''flor da auga'' transmite as súas propiedades de saúde e beleza ás mozas que laven a cara nas fontes nas que habiten estes seres. Esta mesma operación tamén serve para esconxura-las meigas:
::''Día de san Xoán, alegre''
::''meniña, vaite lavar,''
Liña 89:
::''tódalas meigas levou''.
 
Tamén se cre que se cura o [[bocio]] bebendo durante esta noite auga en nove fontes distintas; en [[Xavestre, Trazo|Xavestre]] ([[Trazo, A Coruña]]), bebe-la auga que sae de sete ou nove [[muíño]]s libra dos feitizos .<ref>Os muíños posúen propiedades curativas porque neles se moe a fariña coa que se fai o [[pan]], símbolo da [[Eucaristía]].</ref>. En [[Entrimo]], purifícanse uns ós outros salpicándose mutuamente. Noutros lugares, hai que coller unha póla de [[sabugueiro|bieiteiro]] para ir con ela a unha fonte máxica ó mencer do día de san Xoán: o primeiro que chegue pode coller con esa póla a flor da auga e usar das súas virtudes. Nas [[As Vendas da Barreira, Riós, Riós|Vendas da Barreira]] ([[Riós]], Ourense) crese que a moza que recolla a flor da auga casará dentro do ano.
 
O [[resío|orballo]] que se deposita sobre a herba ou a sementeira durante a noite de san Xoán posúe tamén propiedades curadoras e milagreiras; en Riós explícano en que nesta noite as meigas se deitan sobre a [[herba]], transferíndolle os seus poderes. Para cura-la [[sarna]] o enfermo ten que durmir, nu, entre o [[centeo]], ou correr entre el ou botarse a rolos sobre a herba húmida, tamén en coiro. Outra fórmula curativa consiste en espirse e coloca-la roupa na póla dun [[carballo]], contra o que se refrega ás 12 da noite; logo debe bañarse nun río próximo e vestirse con roupa nova, deixando a vella na árbore. Estas operacións practícanse, por exemplo, en [[Melide]] ou en [[Monterrei]].<ref>Lis (LISQuibén, ?, p. QUIBÉN:307;.</ref><ref>Taboada. TABOADA:21)1980. p. 21</ref> Colocando ó sereno durante esta noite a roupa de [[inverno]] queda protexida contra a [[couza]] (en [[Verín]]).
 
O [[gando]] sácase das cortes e lévase a andar sobre a herba —ou ben déixase ó relente toda a noite— para que reciba o ''orballo de san Xoán'', que o protexerá das enfermidades durante o ano.
 
[[Vicente Risco|Risco]] recolle a crenza na zona da [[Comarca da Limia|Limia]] de que durante a noite de san Xoán poden escoitarse as campás da cidade de ''[[Antioquía (lenda)|Antioquía]]'', asolagada baixo as augas da [[lagoa de Antela]].
 
=== Herbas de san Xoán ===