Epipaleolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte". Arranxos de tradución.
setembro
Liña 40:
A arte volveuse conceptual e racionalista, baseado no xeométrico e o abstracto.<ref>{{cita web |url= http://www.arteespana.com/artemesolitico.htm |título= Arte Mesolítico |obra= |editor= arteespana.com |lugar= |páxina= |lingua=castelán |trans_title= |dataacceso= 18-11-2012}}</ref> A cultura [[aziliense]] da cornixa cantábrica e do [[Pireneos|Pireneo]] francés deparounos abundantes cantos rodados decorados con seriacións de bandas, puntos, ramiformes etc., de carácter abstracto, e aos que se lles outorga un significado máxico/simbólico.
 
No [[Levante español]] grupos humanos deixaron pinturas que mostran unha evolución da [[arte rupestre]] cara a modelos máis esquemáticos. Nas paredes dos abrigos, estes homes pintaron complexas escenas de caza, de danzas e ritos máxicos.<ref>{{cita web |url= http://www.memo.com.co/fenonino/aprenda/historia/escultura-pintura.html#mesolitico |título= La Escultura y la Pintura Rupestre del Paleolítico Superior |obra= |editor= memo.com.co |lugar= |páxina= |lingua=castelán |trans_title= |dataacceso= 19 de septiembresetembro de 2010}}</ref> As figuras están feitas con pigmentos negros ou avermellados, e son moi estilizadas. A pesar diso pódense identificar personaxes como [[feiticeiro]]s/[[xamán]]s, grazas aos tocados que lles cobren a cabeza, aos bastóns que levan e aos adornos que lles colgan de xeonllos e brazos; tamén se aprecian homes con plumaxes e brazaletes en brazos e nocellos, mentres que as mulleres locen longas saias. Hai moito movemento (como contraste coa arte paleolítica) e as loitas entre grupos aparecen con relativa frecuencia, con batallas de arqueiros que ata chegan ao corpo a corpo.
 
== Notas ==