Albania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegue > engalaxe. / *despegar > engalar.
Liña 209:
En [[1977]] o goberno de Albania asinou un acordo con [[Grecia]] para a apertura das ligazóns aéreas do primeiro país coa Europa non comunista. Como resultado, Olympic Airways foi a primeira compañía non comunista en aterrar en Albania. En [[1991]] [[Tirana]] tiña conexións aéreas coas principais cidades europeas, incluíndo [[París]], [[Roma]], [[Zúric]], [[Viena]] e [[Budapest]], servida por un aeroporto pequeno, o Aeroporto Internacional Nënë Tereza, situado a vinte e oito quilómetros da capital na vila de Rinas, porén non había servizos de transporte aéreo regular nacional. Ese mesmo ano, en [[1991]], Ada Air, unha empresa conxunta franco-albanesa, converteuse na primeira liña aérea do país. A compañía ofrece voos en trinta e seis avións de pasaxeiros catro días á semana entre Tirana e [[Bari]] ([[Italia]]) e un servizo de charter a destinos nacionais e internacionais.
 
A partir de [[2007]] Albania ten un aeroporto internacional, o Aeroporto Internacional Nënë Tereza. O aeroporto está conectado a vinte e nove destinos en catorce compañías aéreas. Viuse ademais un gran aumento en número de pasaxeiros e movementos de aeronaves dende principios de [[1990]]. En setembro de [[2009]] serviu a 1,8 millóns de pasaxeiros e contaba con 44 aterraxes e despeguesengalaxes diariosdiarias.
 
=== Ferrocarril ===