Procesos eólicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
No fenómeno da erosión eólica é determinante a superficie sobre a que actúa o vento. A súa alteración non se limita a puntos ou áreas limitadas como ocorre coa [[erosión hídrica]]; a acción do vento exércese sobre a totalidade da superficie. En espazos amplos, a erosión produce a miúdo escavacións de depresións pouco fondas chamadas cuncas ou [[depresión de deflación|depresións de deflación]]. Orixínanse en áreas máis ou menos chairas e desprovistas de vexetación onde o solo está exposto á acción do vento. As partículas finas ([[arxila]]s e [[limo]]s) son levantadas por correntes verticais que sobrepasan as velocidades de [[decantación]]; o po difunde na [[atmosfera]] ata alturas que van desde poucos metros a varios miles. A altura depende da intensidade da turbulencia do vento, da súa duración e do tamaño das partículas. Como resultado, pode producirse unha densa [[nube]], chamada tormenta de po.
[[Ficheiro:260 Boa Vista.jpg|miniatura|250px|Deserto de pedras ou ''reg'' na illa de [[Boa Vista, Cabo Verde|Boa Vista]], ( [[Cabo Verde]]).]]
O carácter selectivo da erosión eólica ao tomar partículas finas e deixar [[grava]]s e cantos, demasiado grandes para o seu transporte, orixina o denominado ''deserto de pedras'', ''hammada'' ou ''reg''. Estas altiplanicies estradas de fragmentos rochosos onde o material fino prácticamente foi eliminado polo vento, e onde a acción da [[Meteorización|termoclastia]] é moi activa, presentan, en ocasións, vastísimos desenvolvementos como na «Hammada de Guir» en [[Marrocos]]-[[Alxeria]] e a «Hammada al Hamrah» en [[Libia]].