Procesos eólicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
== O vento como axente erosivo ==
[[Ficheiro:Canary A2004048 1150 148 250m.jpg|miniatura|esquerda|250px|Nube de area procedente do deserto do [[Sahara]] sobre as [[illas Canarias]], efecto coñecido como ''po en suspensión'', ''calima'' ou ''[[siroco]]''. Imaxe [[NASA]], 17.02.2004.]]
O vento é un eficaz axente de erosión de materiais finos e soltos, capaz de arrincar, levantar e transportar partículas,; porén, a súa capacidade para erosionar [[rocha]]s compactas e duras é moi limitada. Se a superficie está constituída por rocha dura, o vento non pode provocar cambios apreciables debido a que a forza cohesiva do material excede a forza exercida polo vento. Unicamente naqueles lugares onde a superficie exposta contén partículas minerais soltas ou pouco cohesivas, o vento pode manifestar todo o seu potencial de erosión e transporte. A velocidade determina a capacidade do vento para erosionar e arrastrar partículas, mais tamén inflúe o carácter dos materiais, a [[topografía]] do terreo, a eficacia protectora da vexetación etc.
 
No fenómeno da erosión eólica é determinante a superficie sobre a que actúa o vento. A súa alteración non se limita a puntos ou áreas limitadas como ocorre coa [[erosión hídrica]]; a acción do vento exércese sobre a totalidade da superficie. En espaxos amplos, a erosión produce a miúdo escavacións de depresiónss pouco fondas chamadas cuncas ou [[depresión de deflación|depresións de deflación]]. Orixínanse en áreas máis ou menos chairas e desprovistas de vexetación onde o solo está expuesto á acción do vento. As partículas finas ([[arxila]]s e [[limo]]s) son levantadas por correntes verticais que sobrepasan as velocidades de [[decantación]]; o po difunde na [[atmosfera]] ata alturas que van desde poucos metros a varios miles. A altura depende da intensidade da turbulencia do vento, da súa duración e do tamaño das partículas. Como resultado, pode producirse unha densa [[nube]], chamada tormenta de po.