Diferenzas entre revisións de «Paul Tillich»

m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
== Pensamento ==
[[Ficheiro:Paul Johannes Tillich's gravestone in the Paul Tillich Park, New Harmony, Indiana.jpg|miniatura|200px|Lápida de Paul Tillich no parque Paul Tillich, New Harmony, [[Indiana]], [[Estados Unidos de América|EUA]].]]
Clave para compender o pensamento de Tillich e o método de ''correlación''. As cuestións existenciais do home están asociadas ao eido da filosofía, e máis específicamenteespecificamente ao da [[ontoloxía]], tal como a entendía o [[existencialismo]] en autores como [[Heidegger]]. Correlativamente, as respostas a esas cuestións atópanse no [[cristianismo]]. Deste xeito, empézase por unha análise ontolóxica da existencia humana e as ambigüidades que o ameazan, análise que abrangue a dimensión psicolóxica, social, cultural, histórica e relixiosa do home.
 
A literatura é pródiga en loubanzas á grandeza do [[universo]] físico que apunta ao [[misterio]] cualitativo das estruturas de cada partícula do mesmo, así como á estrutura do todo. Misterioso significa aquí a infinitude de preguntas que cada resposta enfronta á mente humana. Pola súa banda, a autotrascendencia da vida leva consigo as condicións do carácter tráxico da vida, a ambigüidade do grande e do tráxico, tal como xa se ve en [[Grecia]]. Finalmente está o amor que inclúe o coñecemento da persoa amada alén da análise e a manipulación calculadora; é máis ben o coñecemento participante o que cambia tanto á persoa que coñece como a que é coñecida e que lles arrastra a unha unidade trascendente que lles restableza a plenitude(''agape''). Pero, nos mesmos actos de afirmación e entrega, reaparece ameazante a ambigüidade da vida. A relixión é a consecuencia da [[alienación]] do home do fondo do seu ser e dos seus intentos por retornar a el.
7.964

edicións