Fontanaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
A historia da fontanaría remóntase ós tempos da [[Roma antiga|Antiga Roma]], onde xa construían [[Acueduto|acuedutos]] de pedra para conducir a auga até as instalacións dos pazos dos seus emperadores e ós seus famosos baños, así como cloacas para desaloxala unha vez usada. A fontanaría moderna ten os seus inicios a finais do [[século XIX]] co uso dos tubos de ferro fundido para conducir a auga, os cales se soldaban con [[chumbo]], que era fundido mediante un [[queimador]] e despois vertido nas unións. Este sistema utilizouse até finais da década dos setentas, aínda que para outro tipo de instalacións non relacionadas co consumo humano, aínda se utiliza.
 
Na maioría dos países occidentais o uso do sistema ferro fundido-chumbo está prohibido, tanto para a condución de auga potable como para a evacuación de [[Augas residuais|augas residuais.]]. Os motivos son que co desgaste interno das tubaxes por mor da fricción, pequenas partículas de chumbo mestúranse coa auga, provocando plumbose ós consumidores; por outra banda, o seu traballo é lento, complexo e moi custoso en comparanza con outros materiais máis modernos como o [[cobre]], ao PVC, o polietileno de alta densidade (PEAD) e moitos outros.
 
Hoxe en día, a soldadura de chumbo foi substituída por varios sistemas, segundo o material da tubaxe: soldadura de aceiro, para tubos de aceiro; [[estaño]] soldado a gas, para tubos de cobre; adhesivo [[Disolvente|solvente]], para tubos de PVC; termofusión para tubos de polipropileno e/ou de polibuteno; morteiro de cemento para tubos de concreto e pastas especiais para tubos de asbesto-cemento. Existen tamén as unións mecánicas, que poden ser a compresión ou bridadas ou roscadas.
Liña 16:
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Construción]]