Henge de Roda: Diferenzas entre revisións

círculo lítico en San Pedro de Benquerencia, Barreiros
Contido eliminado Contido engadido
henge de barreiros A Roda
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de xuño de 2017 ás 13:51

Coordenadas: 43°32′22″N 7°10′09″O / 43.53944, -7.16927

A Roda de Barreiros é un henge, unha estrutura megalítica propia das illas británicas. Na Roda (Barreiros) localizouse en 2006 durante a construción da A8.

Imaxe da Roda Henge.

Descrición

 
Imaxe dunha das pedras do muro exterior.

Está situado nunha chaira na baixada do monte, unha zona que controla visualmente a zona. A Roda é un círculo lítico duns 50 metros de diámetro, os restos dunha construción henge duns 3700 anos de antigüidade[1][2]. Esta construción consta dun foxo exterior de entre tres e catro metros de diámetro e un metro de profundidade. O círculo está formado por dous muros de pedra, entre os cales se depositou terra do foxo, formando así o parapeto. Tería no punto máis alto probablemente os tres metros. Consérvase a zona de entrada, de entre metro e medio e dous metros, orientada ao noroeste. Xunto á entrada hai unha pedra que podería ser un dos menhires que delimitaban o acceso. O círculo exterior son pedras de menos dun metro de lonxitude cunha das caras planas. O círculo interior son pedras sen traballar que formaría un muro. Dentro do círculo hai varias pedras de algo máis dun metro de longo que poderían ter formado outro círculo. Outro henge podería estar en Coeses (Lugo), aínda sen estudar.

Notas

  1. [1], artigo de José Alonso en La Voz de Galicia, 22 de xaneiro de 2016 (en castelán).
  2. "A Roda, el Stonehenge gallego", artigo de José Alonso en La Voz de Galicia, 1 de agosto de 2015 (en castelán).