Coleman Hawkins: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Nova York
Liña 1:
[[Ficheiro:Thehawk.jpg|dereita|300px]]
'''Coleman Hawkins''', nado en [[San Jose, Missouri|San Jose]] ([[Missouri]]) o [[21 de novembro]] de [[1904]] e finado en [[NewNova York]] o [[19 de maio]] de [[1969]], foi un [[saxofón|saxofonista]] [[Saxo tenor|(tenor)]] e [[clarinete|clarinetista]] estadounidense de [[jazz]]. O seu estilo mantívose sempre dentro dos límites do [[Swing (música)|swing]] e mailo [[bop]].
 
Nunha época na que o [[saxo]] era considerado un instrumento novo, usado até o momento no [[vodevil]] e como pobre substituto do [[trombón]] nos desfiles de [[orquestra]]s, Hawkins axudou ao desenvolvemento dun son propio como instrumento cunha clara asociación coa música jazz. Durante algún tempo tocou o [[saxo baixo]].
 
==Traxectoria==
Coleman Hawkins comenzou a aprender a tocar o [[piano]] con cinco anos, cambiándose ao [[violoncello]] aos sete e ao [[saxo tenor]] aos nove. Profesional xa con doce anos, Hawkins tocaba nunha orquestra teatral de [[Kansas City]] en 1921 cando [[Mamie Smith]] o contratou para tocar coa súa banda [[Jazz Hounds]]. Hawkins estivo coa cantante de [[blues]] até xuño de 1923, facendo moitas gravacións nun papel secundario. Tras separarse dela, traballou de forma independente pola zona de [[NewNova York]], tocou un tempo con [[Wilbur Sweatman]], e en agosto de 1923 fixo a súa primeira gravación con [[Fletcher Henderson]]. Cando Henderson formou unha orquestra permanente en xaneiro de 1924, Hawkins foi o saxo tenor principal. Nesa época manexaba tamén o [[clarinete]] e o saxo baixo.
 
Estivo con Henderson até 1934, etapa na que acompañou tamén a varios cantantes de [[blues]], aos [[Cotton Pickers]] de [[McKinney]] e a [[Red McKenzie]] en 1929.