José Pacheco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Desenvolvemento do artigo, que non existía (só aparecía a entrada e un par de liñas de texto), nunha recensión das tres principais fontes sobre o compositor.
Liña 1:
'''José Pacheco''', nado en [[1784]] e finado en [[1865]], foi un sacerdotemúsico galego, mestre de capela da catedral de [[Mondoñedo]] durante case 60 anos. EscribiuFoi [[panxoliña]]scontinuador dedo nadalvilancico galego, algunhasiniciado delaspor Melchor López en [[LinguaCompostela galega|galego]]e importado a Mondoñedo por Santavalla. AAlumnos súadel composiciónforon persoeiros como Pascual Enciso y Arriola, máisPascual coñecidaVeiga éou ''PloransJuan plorarit''Montes.
 
== Véxase taménBiografía ==
José Pacheco naceu en Mondoñedo (Lugo) o 15 de decembro do 1784. O seu nome completo era José Basanta Fernández Pacheco. O apelido Pacheco, polo que foi coñecido e co que consta nas actas capitulares do cabido de Mondoñedo, era o segundo da súa avoa paterna, quen o coidou ata o momento do seu ingreso como neno do coro da catedral mindoniense o 6 de febreiro do 1795.
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mondonedo.net/ Mondoñedo. Todo sobre José Pacheco.]
* [http://www.emondonedo.com/ O portal de Mondoñedo. Información sobre persoeiros ilustres.]
 
<nowiki>Un ano despois da morte da súa avoa, o cabido faise cargo do rapaz confiándolle a súa custodia a un cura francés que voluntariamente se ofrece para ensinarlle latín e encargarse da súa educación e instrución, mentres que as correspondentes ensinanzas musicais corren a cargo do mestre de capela Ángel Custodio Santavalla.{{</nowiki>[[Plantilla:Refn|refn]]<nowiki>|group="nota"|<Ou Santavaya. Segundo indica Varela Lenzano, atópase dos dous xeitos na escrita.>}}</nowiki>
{{Control de autoridades}}
 
A súa propia valía maila protección que lle dispensaba o cabido —era Pacheco, ademais, afillado do arcediago da Azúmara— permitíronlle prosperar no eido musical.
 
Cando contaba con vinte anos, aínda sendo neno de coro e con catro reais diarios de salario, substitúe ó mestre Santavalla na dirección da capela e pouco a pouco vai asumindo todas as responsabilidades do cargo, como o ensino e o coidado dos nenos do coro, a composición de panxoliñas, a súa dirección, etc. Co obxectivo de ampliar a súa formación, o cabido decide a comezos do ano seguinte, 1805, envialo a Santiago de Compostela a estudar con Melchor López Jiménez, por aquel momento no cumio da súa fama. Cando regresa a Mondoñedo leva diversas copias dalgunhas obras do seu mestre, como a famosa ''Misa de defuntos'' e, segundo Tafall, tamén o volume orixinal das misas de Melchor López. Non obstante, este libro non chegou a aparecer no arquivo da catedral de Mondoñedo. Desta época data a composición do seu ''Miserere'', «reputado como una de las mejores obras de Pacheco, la predilecta para él y en concepto de algunos la superior a todas», segundo José Villaamil y Castro (Varela Lenzano 1897), pero hai dúbidas sobre se o compuxo durante a súa estancia en Santiago ou no seu regreso a Mondoñedo. Indalecio Varela Lenzano inclínase pola segunda opción, dado que a partitura existente no arquivo da catedral está datada polo autor en 1806.
 
Cando falece Santavalla o 15 de novembro do 1805, Pacheco era xa de facto mestre de capela. Por iso, segundo se dispón na ''Gran enciclopedia galega'', cando o cabido formula ese mesmo Nadal a posibilidade de convocar oposicións para cubrir a vacante do mestre Santavalla, o mesmo prelado da diócese suspende a convocatoria. En xaneiro de 1806, Pacheco solicita continuar os seus estudos en Santiago,  e é neste momento, segundo Varela Lenzano, cando o cabido, coñecida a petición de Pacheco, convoca as oposicións de xeito que a vacante fora provista o día 5 de febreiro dese mesmo ano. Sexa como for, ambas fontes coinciden en que non hai constancia de que Pacheco volvese a Santiago, xa que ese día 5 éralle concedida a praza de Mondoñedo en propiedade, despois de competir en concurso de méritos con outros dez candidatos.
 
Esta oposición semellou amañada e provocou a reacción dalgúns capitulares, derivando nun preito que chegou ata os tribunais da Real Audiencia.
 
En 1908 Pacheco ordénase de menores para librarse, segundo suxire Varela Lenzano, de cumprir o servizo militar. Así e todo, nunca chegaría a ordenarse cura, seguramente pola negativa do Estado a pagarlles a aqueles sacerdotes que non tivesen cura de almas.
 
Os biógrafos de Pacheco comentan, aínda que non de xeito moi preciso, que o cabido de Oviedo ofreceulle facerse cargo do maxisterio daquela catedral. As actas, en realidade, recollen dous momentos diferentes en relación con este asunto. Por unha banda, apuntan 1815 como o ano no que Pacheco viaxa a esta cidade para presidir un tribunal de oposición a organista.  Por outra, 1833 como o momento no que o cabido da catedral de Oviedo lle ofrece a praza de mestre de capela, que non chega a aceptar debido a que o cabido mindoniense, para evitalo, auméntalle o salario. Xa antes, en 1827, Pacheco solicitara o posto en Oviedo, pero a oposición non chegou a realizarse. Tamén consta, na relación entre o noso autor e Asturias, a partitura dun dueto ó Nacemento, obra de Pacheco, na que aparece unha nota indicando que foi composta no 1809 en Oviedo.
 
Igualmente pretendeu, por dúas veces, o mesmo posto na catedral de Santiago de Compostela despois de que morrera o seu mestre Melchor López, praza que gañaría Ramón Palacio en 1846.
 
Destaca Varela Lenzano a faceta pedagóxica do mestre Pacheco: <blockquote>«Y en lo concerniente á los resultados prácticos de la enseñanza, comprendía con admirable clarividencia cuán grandes y maravillosos podían prometérselos de la ingénita propensión al dominio de la música que residía en el espíritu de sus paisanos, y á formar una generación de artistas encaminó ensoñadoras ideas, convirtiéndolas en verdadero apostolado. Donde quiera que las aptitudes de la juventud se revelaban, allí detenía la atención para estimularlas por medio del consejo y de la ayuda de sus conocimientos profesionales, que prodigaba, franca, espontánea y desinteresadamente».</blockquote>Estivo Pacheco en contacto coa actividade musical da península. En Madrid coñeceu intimamente a Carnicer e entrou en contacto cos «espectáculos de la primer escena lírica» e as «solemnidades de la Real Capilla» (Varela Lenzano 1897, 35).
 
Di Varela Lenzano que José Pacheco foi un home ó que se lle rendiu un profundo respecto en vida. Relacionado coas familias máis distinguidas de Asturias e Galicia, nunca desprezou, ó contrario, procurou atraer e relacionarse tamén coas clases populares.<blockquote>«Alma bondadosa, identificada de continuo con todo lo que significaba expresión de sencillez y dulzura, diríase que no pertenecía al mundo de las amargas realidades, sinó que vagaba por la región fantástica de las ideas» (Varela Lenzano 1897, 36).</blockquote>O mestre José Basanta Fernández Pacheco fina o 23 de marzo de 1865, despois de case sesenta anos á fronte da capela da catedral de Mondoñedo. As súas obras consérvanse nas catedrais de León, Lugo, Oviedo, Santiago de Compostela, Sevilla e Tui, aparte da de Mondoñedo, que contén o groso da súa produción (Trillo e Villanueva 1993, 36).
 
== A capela da catedral de Mondoñedo entre 1782 e 1865 ==
Desde a chegada de Santavalla a Mondoñedo en 1782, a capela da catedral pasa por diferentes etapas.
 
Ata o 1820, rexístrase unha clara tendencia ó autoabastecemento dos empregados da capela, que será unha constante en anos sucesivos. Aínda que coa entrada de Santavalla se rexistran na documentación os primeiros problemas económicos, hai unha certa estabilización da crise ata a invasión francesa: temporais incrementos de salario, cóbrense as prazas vacantes, etc.
 
En 1820 xa aparecen visos do que será a crise definitiva: comeza unha redución drástica dos soldos que rematará coa suspensión da capela en 1822. Case que se cancela toda a actividade da capela. Pacheco pode realizar as funcións de organista e ninguén recibirá máis que subsidios ou esmolas, cando houbese cartos. Non obstante, obsérvase nos anos cos que firma Pacheco as súas obras que as grandes festas se seguen celebrando con música pese ó anuncio do peche da capela, debido a que por Corpus, Semana Santa, Asunción e Nadal se reciben estes subsidios.
 
Nos momentos de melloría reaxústase a capela e pódese observar como os primeiros atrís e os mellores cantores da etapa anterior desapareceron e foron cubertas estas prazas por nenos de coro. Desde este momento, a capela mantense con músicos da canteira, practicamente. Tralo ''Trienio liberal'' obsérvase unha aparente melloría e reactivación: admítense a estudo aumentos de soldo e ponse maior atención na Academia de Música.
 
Desde 1832 vaise preparando a bancarrota total con medidas que se fan executivas no 1837: suprímense misas, non se fala da música, pero obsérvase —de novo pola datación das obras — que as grandes solemnidades seguen celebrándose. Esta contradición explícase pola existencia de músicos da canteira que seguen manténdose pola mera subsistencia e tamén pola ambigüidade do cabido, que non paga salarios, pero otorga subsidios. Supóñense tamén solucións de tipo práctico para solventar as ausencias: o órgano pode complementar ou suprir á orquestra en moitas funcións, así como facer as veces de coro de ''rippieno''. A versatilidade dos músicos pódelles permitir actuar en diferentes papeis, instrumentos ou cantar en distintas tesituras. Ademais, están os reforzos do exterior, que acoden ás grandes festas de Corpus, Asunción e Nadal.
 
Fálase de substituír os vilancicos e volver á interpretación de responsorios e do ''Te Deum'' pola falta de persoal a partir de 1837.
 
A pesar de todas as dificultades, séguense escribindo obras, facendo arranxos e adaptacións, introducindo novos instrumentos, etc. Non obstante,  todas estas circunstancias xustifican o que debeu ser unha máis que considerable baixada no nivel interpretativo na densidade de equilibrio entre a propia orquestra. Pacheco faille notar esta evidencia ó cabido e as súas posibles solucións mediante sucesivas reclamacións.
 
== Obra ==
 
=== '''Influencias e características''' ===
Escribe Varela Lenzano que José Pacheco "naceu á vida da arte" en pleno apoxeo rossiniano, enmarcándose no que Eslava define como estilo "moderno chan", por ser o máis cercano ó teatro e para o que chegaba o xenio do artista acompañado dun estudo regular da harmonía e da instrumentación, debido a que o seu desenvolvemento obedecía a procedementos sinxelos, imprimindo a maior expresión posible á letra e facendo xogar á orquestra con ritmos marcados, ás veces de gran brillantez.
 
O seu primeiro mestre, Ángel Custodio González Santavalla, procedía de Tui e recibira unha formación completamente galega. Pertencía á chamada corrente academicista da segunda metade do século XVIII. Foi o introdutor dos vilancicos de Nadal en galego na catedral de Mondoñedo, a semellanza do que acontecía en Santiago. Trillo e Villanueva definen a súa obra como «muy correcta, dentro del más estricto estilo clasicista, [...] atada, sin duda, por una limitación en el uso sobrio de la armonía» (Trillo e Villanueva 1993, 35).
 
Villaamil y Castro comenta o pouco entusiasmo que José Pacheco sentía pola rixidez escolástica dos principios harmónicos de Santavalla (Varela Lenzano 1897, 55) e Varela Lenzano apunta que este dato lle fixo revisar as partituras de Santavalla e decatarse de que nada teñen en común mestre e discípulo. Non obstante, isto non quere dicir que Pacheco nunca empregase procedementos escolásticos. Non foron da súa preferencia, pero cando quixo utilizalos, fíxoo a conciencia, revelándose un contrapuntista competente (Varela Lenzano 1897, 59).
 
Non ocorre esta diverxencia de pareceres se nos referimos ó seu segundo mestre, Melchor López. Melodías fáciles, harmonía en disposición pechada, modulacións exentas de novidade e interese, instrumentación sinxela con frecuente emprego de ''volatas'' e algunha que outra pasaxe fugada son as características que Varela Lenzano percibe na música de Melchor López, aderezadas cunha «plausible corrección».
 
Non obstante, que o estilo de Pacheco tenda ó de Melchor López non quere dicir que o imite a el en concreto renunciando á súa propia personalidade, senón que ámbolos dous seguen os mesmos modelos, influenciados polo ambiente no que se desenvolveu a súa formación e a súa actividade profesional (Varela Lenzano 1897, 57). E os modelos foron Haydn e Rossini.
 
Na biblioteca de Pacheco, di Varela Lenzano, percíbense dúas cousas ó momento: a existencia dunha soa obra sagrada e a inclinación cara un pequeno número de compositores de autoridade nos xéneros instrumental e dramático: Haydn, Pleyel, Mozart, Paesiello, Cimarosa, Cherubini e Rossini. Estas partituras parece ser que foron empregadas en "audicións de cámara" celebradas baixo da dirección de Pacheco na casa señorial de Luaces, debido á profusión de formacións camerísticas e arranxos de óperas para elas que se atopan nesta colección de Pacheco.
 
Argumenta Varela Lenzano acerca da influencia da música de Haydn na do autor que nos ocupa poñendo o exemplo dos vilancicos de calenda, onde os recursos instrumentais están dispostos completamente ó xeito haydiano. Abundan neste aspecto tamén Trillo e Villanueva cando expoñen: <blockquote>«El ideal clasicista de la orquesta haydiana es mantenido hasta donde se puede: dos clarinetes, dos oboes, dos trompas, equilibrio de cuerdas, etc. Mondoñedo, salvo el final del mandato de Santavalla y los primeros años de Pacheco, no cuenta ya con una plantilla de estas características ideales» (Trillo e Villanueva 1993, 38).</blockquote>Característico da música de Pacheco a maiores do modelo orquestral é tamén o emprego do baixo continuo (elemento común á música galega desta etapa en xeral).
 
Así pois, poderiamos considerar a José Pacheco como un compositor clasicista, tanto pola influencia dos seus dous mestres como pola da música de Haydn, tocado polo italianismo musical da época que lle tocou vivir, quizais intensificado nalgún momento (como propoñen algúns biógrafos) pola amizade con Carnicer e o estudo en Madrid da música dramática (Varela Lenzano 1897, 61). A súa música, a pesar de ser mestre dunha capela relixiosa, está inspirada e rexida polos modelos profanos, e atópanse nela xeitos e influencias do folclore e da música popular, intensos nos vilancicos ó Nacemento en galego.
 
=== Composicións ===
Menciona Varela Lenzano composicións para a capela de música, traballos de transcrición para a tertulia musical de Luaces, etc. Resulta abraiante, segundo expón a ''Gran enciclopedia galega'', o número de cantigas de Nadal en proporción coa súa obra litúrxica. O seu catálogo conta con varias partes de misa, 2 lamentacións, 7 salmos, 2 Stabat Mater, 2 Te Deum, 18 motetes, máis de 150 cantigas de Nadal (29 en galego), 28 vilancicos ou panxoliñas de Reis, 83 composicións dedicadas ó Santísimo e 17 á Virxe, 12 panxoliñas ou pezas profanas e diversas obras instrumentais, algunhas sen asinar.
 
Observa Varela Lenzano o estraño fenómeno de que, sendo mestre de capela, practicamente non compuxese ningunha misa: só se conserva, amais de partes de misa, unha misa enteira en Fa na que se dubida sobre a súa autoría (Trillo e Villanueva 1993, 249). Tamén apunta a ausencia de plans musicais extensos, sendo o máis amplo da súa obra o dos catro números do ''Oficio de difuntos'', e aínda así hai unha distancia de 23 anos entre a composición dos tres primeiros e a do último. Calificado como maxistral pola crítica da época, percíbense no oficio fúnebre influencias da música dramática, segundo Villaamil y Castro e Vesteiro Torres (Varela Lenzano 1897, 61). Datan o ''Invitatorio'', ''Parce'' e ''Tedet'' de 1832. Destes tres números destaca Varela Lenzano a calidade do terceiro. O ''Libera me'' data de 1855 e posúe «mejor corte y desarrollo que las precedentes» (Varela Lenzano 1897, 68). Melodías sentidas, harmonía fluída e instrumentación sobria son as características destacadas deste último número, segundo Varela Lenzano.
 
Menciona este mesmo autor outras obras de importancia como o ''Miserere'' (1806), a obra preferida de Pacheco pola crítica, pero que non conta coa aprobación de Indalecio Varela Lenzano, ou os salmos de vísperas, calificados como sublimes pola crítica. Eloxia Indalecio Varela as partituras dun pequeno ''Stabat Mater'' e do motete ''Plorans ploravit''. O ''Stabat Mater'' ó que fai referencia debe ser o catalogado co número 737 (en Do menor a 4 voces, orquestra e continuo) en Trillo e Villanueva, debido á indicación de que se cantaba nas procesións de Venres Santo. Destas dúas obras di Indalecio Varela que son profundamente sentidas e trazadas con pleno dominio das regras da arte.
 
Cabe sinalar o emprego da forma sonata en obras como o salmo ''Laudate Dominum'', de 1815, onde tamén se aprecian influencias rossinianas co reiterado uso das ''volatas''. No salmo ''Dixit Dominum'', sen datar e de características similares ó anterior, aparece un movemento fugado.
 
Para Varela Lenzano son os motetes a catro voces con acompañamento de fagot «el timbre más preclaro del abolengo artístico de Pacheco» (Varela Lenzano 1897, 63). E comenta o crítico musical:<blockquote>«En ellos escapa el compositor a la atracción irresistible de la orquesta cuyos oropeles habían fascinado su númen tantas veces; el estrecho marco del ''cuarteto'' sírvele para evocar la expresión acendrada, palpitante en las áureas páginas de Morales, de Victoria y de Guerrero; el ''solo'' y el ''duo'' despójanse de su envoltura teatral para ceder el puesto perteneciente al concierto majestuoso de las voces, que prorrumpen en cantos harmoniosos, de una estructura sencilla a la par que severa» (Varela Lenzano 1897, 63). </blockquote>Porén, as panxoliñas de Nadal son, en palabras do mesmo Varela Lenzano, as obras que máis fama e prestixio lle deron ó mestre mindoniense. A colección divídese en vilancicos de calenda e vilancicos ó Nacemento.
 
Nos primeiros, escritos en español, o autor aproveita todos os recursos da música instrumental e dramática, revelando de novo as influencias dos invariables modelos: Haydn e Rossini. A extensión desmesurada, os longos preludios orquestais, rondós, recitados, arias, solos con acompañamento de voces e sen el, coros, himnos e a aplicación «de cuantos ''aires''<nowiki> se amoldan a las situaciones del libreto»{{</nowiki>[[Plantilla:Refn|refn]]<nowiki>|group="nota"|<Este último elemento descrito por Varela Lenzano podería interpretarse —na opinión puramente persoal, sen fundamento científico, do autor deste pequeno artigo— como o emprego de música folclórica e popular, hipótese que habería que contrastar debidamente, pero que non é obxecto deste traballo.>}} (Varela Lenzano 1897, 71) son características destas obras.</nowiki>
 
<nowiki>Entre os segundos, as panxoliñas ó Nacemento, hai 29 escritos en galego e o resto en español. Distan moito da ampulosidade dos de calenda, de feito, sitúanse no extremo oposto. A instrumentación, segundo Indalecio Varela, é sinxela e empréganse elementos da música do país{{</nowiki>[[Plantilla:Refn|refn]]<nowiki>|group="nota"|<Non obstante, este autor parece que trata estas panxoliñas cando as describe como se todas estivesen escritas en galego (Varela Lenzano 1897, 71: «procediendo el único encanto que atesoran [as panxoliñas ó Nacemento] [...] del texto gallego en que aparecen escritos y de las cadencias de la música del país»), polo que non se podería afirmar se as de texto en español comparten as mesmas características.>}}, «fuente á que acudió como agostada la inspiración buscando en sus frescos y límpidos raudales, la lozanía y placidez que brindan los giros de alboradas y muiñeiras» (Varela Lenzano 1897, 71). Cabe mencionar a difusión que acadou unha destas panxoliñas, </nowiki>''En Belén hay muita festa'' (catalogada co número 782 por Trillo e Villanueva, orixinalmente en La maior para 4 voces e orquestra), do ano 1829, na versión arranxada que Carlos Nuñez gravou co título de ''Villancico para la Navidad de 1829'' no seu disco ''A Irmandade das Estrelas'' do ano 1996.
 
== Notas ==
'''<code><nowiki>{{</nowiki>[[Plantilla:Listaref|Listaref]]<nowiki>|group="nota"}}</nowiki></code>'''
 
== Bibliografía ==
''Gran enciclopedia galega Silverio Cañada'', 2003, s.v. "Pacheco, José".
 
Trillo, Joám e Carlos Villanueva. ''El archivo de música de la Catedral de Mondoñedo''. Santiago de Compostela: Publicaciones de Estudios Mindonienses, 1993.
 
Varela Lenzano, Indalecio. ''Estudio biográfico-crítico de D. José Pacheco, maestro de capilla que fué de la catedral de Mondoñedo''. Lugo: Imprenta da Deputación Provincial, 1897.{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Pacheco, Jose}}
[[Categoría:Personalidades da música]]
[[Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia]]
[[Categoría:Sacerdotes da Igrexa Católica Latina]]
[[Categoría:Nados en 1784]]
[[Categoría:Finados en 1865]]
[[Categoría:Sacerdotes católicosMestres de Galiciacapela]]
[[Categoría:Mestres de capela galegos]]
[[Categoría:Vilancico galego]]
__FORZAROÍNDICE__
[[Categoría:Capela de música da catedral de Mondoñedo]]
[[Categoría:Mondoñedo]]
[[Categoría:Catedral de Mondoñedo]]