Clima de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
Segundo os expertos, o cambio climático en Galicia terá como consecuencia un aumento das temperaturas e unha redución das precipitacións que farán que o clima galaico se asemelle ao [[clima Mediterráneo]], salvando a franxa [[Cornixa cantábrica|cantábrica]]<ref>[http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2809_4_98853__Galicia-expertos-estiman-clima-Galicia-parecera-cada-Mediterraneo "Los expertos estiman que el clima de Galicia se parecerá cada vez más al del Mediterráneo",] artigo no ''[[Faro de Vigo]]'' {{es}}.</ref> Así, co [[cambio climático]] en Galicia pasaríase dunha situación de dominancia do clima mesotemperado, con pequenos enclaves mesomediterráneos nas [[Rías Baixas]] e [[provincia de Ourense|Ourense]] e supratemperados nas zonas altas, a outra, na que dominaría o piso mesomediterráneo con pequenos enclaves supramediterráneos, na montaña, e mesotemperados, no cantábrico. No relativo aos pisos bioclimáticos (ombrotipos<ref>tipo climático calculado en función da precipitación que se relaciona coa presenza de determinadas comunidades vexetais ou especies; emprégase na clasificación bioclimática de Rivas-Martínez.</ref>), cunha dominancia case total do caracter húmido hoxe, pasaríase a unha penetración importante (no 30 % da superficie do país) do carácter subhúmido e, mesmo seco, no cantábrico. É dicir, que o clima temperado dominante de hoxe se viraría a outro mediterráneo dominante. Os cambios no clima agárdase que traian unha importancia mudanza na distribución xeográfica dos [[ecosistema]]s terrestres. Neste caso aqueles ecosistemas senlleiros determinados por un determinado enclave [[xeoloxía|xeolóxico]] ou unhas determinadas condicións [[clima|climáticas]] son os que máis sufriran dos efectos do [[quecemento global]], chegando mesmo a desaparecer da [[Xeografía de Galicia|xeografía galaica]]<ref>[http://www.gznacion.com/upload/not/4522-d-fierros.pdf "Os efectos do cambio climático en Galicia",] artigo en www.gznacion.com</ref>. Co ascenso das temperaturas agárdase un incremento dos incendios que podería chegar ao 80% segundo os expertos<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=125632&idMenu=37 "El cambio climático podría acabar con los montes gallegos en 50 años",] artigo en ''[[El Correo Gallego]]''.</ref>. Así mesmo as temperaturas afectará especialmente á biodiversidade galega, especialmente aos [[anfibio]]s que atopan en Galicia un dos mellores hábitats da península e que co cambio climático poderían perder moitos dos seus ecosistemas chegando mesmo a extinguirse un 97% das especies<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=154163 "Holocausto de especies nunha Galicia con poucas choivas",] artigo en ''[[Galicia Hoxe]]''.</ref>.
 
En Galicia, o aumento xeral das temperaturas ten unha significativa relevancia dende a década dos [[1970|70]] aumentando as temperaturas medias anuais en 0,5 graos por década nos últimos trinta anos.<ref name=CambioClimaticoGZ>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/04/27/4724536.shtml?idioma=galego "A temperatura en Galicia sobe a un ritmo de medio grao por década",] artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'' (27 de abril de 2006).</ref>. En canto á subida do [[nivel do mar]], e segundo os últimos datos do estudo máis fiable que se levou a cabo ata o momento, liderado por Portos do Estado, nos vilas de [[Vigo]] e [[A Coruña]] o nivel das augas subiu uns dez centímetros nos últimos cincuenta anos.<ref name=CambioClimaticoGZ/> Entre outros, o cambio climático podería afectar tanto á agricultura coma a [[pesca en Galicia|pesca]], sectores estratéxicos da [[Economía de Galicia|economía galega]], sen contar os cambios no ciclo biolóxico das especies que viven no país. Segundo estudos realizados pola consellería de medio ambiente, o aumento da temperatura está a afectar á floración e caída de follas das especies vexetais e á aparición ou emigración das aves.<ref name= CCmudaCB>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/01/18/0003_6488711.htm?idioma=galego "O cambio climático muda o ciclo biolóxico das especies en Galicia"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'' (18 de xaneiro de 2008).</ref> O mesmo estudo amosou que as [[bolboreta]]s inician o seu voo con seis semanas de antelación e as [[abella]]s [[polinización|polinizan]] ata 55 días antes. Así mesmo, as [[andoriña]]s aparecen quince días antes que faihai trinta anos e a súa emigración atrásase dúas semanas<ref name= CCmudaCB/>.
 
Influencia sobre os ecosistemas terrestres e acuáticos.