José Casares Gil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Pertencente a unha familia de profesores universitarios, licenciouse en Farmaciafarmacia en [[1884]] pola [[USC]]. En [[1888]] logrou a primeira cátedra de Análise Química e Técnica Física da Facultade de [[Farmacia]] de [[Barcelona]], da que pasou á de [[Madrid]] en 1905. Estudou tamén Cienciasciencias, e organizou as ensinanzas básicas da carreira.
 
En 1896 foi a [[Múnic]] en viaxe de estudos, traballando baixo a dirección do profesor [[Adolf von Baeyer|Adolph Baeyer]]. Alí puido coñecer as técnicas da investigación química, que tanto esplendor tiñan naquel entón en Alemaña. Foi condiscípulo entre outros de [[Richard Martin Willstätter]], [[Heinrich Otto Wieland]], cos que mantivo amizade e vencello toda a súa vida.
 
Estivo en [[París]] completando a súa formación con [[Henri Moissan]], o descubridor do [[flúor]] e autor de técnicas de investigación en baixas e altas temperaturas. En [[1899]] viaxou a [[NewNova York]], onde traballou con [[Alexander Smidt]] na separación de metais nobres e terras raras.
 
De regreso á Universidade de Barcelona, pronunciou un célebre discurso de apertura do curso 1900-01, expoñendo o atraso das universidades do estado español, nas que, malia haber excelentes conferenciantes, non se producían achegas orixinais a unha ciencia que camiñaba a pasos axigantados.