Pádel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 9:
 
O Padel Pro Tour (PPT) é o circuíto profesional de pádel que foi creado en 2005 como resultado dos acordos entre o grupo de organizadores de partidos de pádel, a Asociación de Xogadores Profesionais de Pádel (AJPP) e a Asociación Femenina Española de Pádel (AFEP).
En 2006 os gañadores foron Juan Martín Díaz e Fernando Belasteguín na categoría masculina e Lisandre (Neki) Berwig e Iciar Montes na femenina. Estes xogadores gañaron outra vez no 2007. Ambas as parellas dominaron o PPT durante esas temporadas gañando máis do 80% dos torneos.
 
O pádel recentemente foi lanzado no Reino Unido: un grupo de investidores privados logrou conseguir con éxito lanzar o deporte en 2011 despois de moitos intentos fracasados doutros. Demostrouse ser moi difícil clasificar o deporte a pesar de que no exterior sempre estivo recoñecido.