Diferenzas entre revisións de «Opinión pública»

m
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
m (→‎Opinión pública hoxe: Arranxos varios)
[[Walter Lippman]], no seu libro ''Opinión Pública'' ([[1922]]) cuestiona que sexa posible unha auténtica [[democracia]] na sociedade moderna. Esta crítica fundaméntase na súa noción de [[estereotipo]], da cal é inventor: os esquemas de pensamento que serven de base ós xuízos individuais converten en ilusoria a democracia directa.
 
O filósofo alemán [[Jürgen Habermas]] desenvolveu unha teoría de grande influencia sobre o xurdimento da opinión pública. [[Habermas]] concibe esta como un debate público no que se delibera sobre as críticas e propostas de diferentes persoas, grupos e clases sociais.
 
Para Habermas, logo do seu desenvolvemento no [[século XVIII]], o [[espazo público]] onde é posible a opinión pública e que é "controlado pola razón" entra en declive, posto que a publicidade crítica deixará ós poucos o lugar a unha publicidade "de demostración e manipulación", ó servizo de intereses privados. As teses de Habermas foron contrastadas criticamente, no que se refire á evolución da opinión pública, pola historiadora francesa [[Arlette Farge]] no libro ''Dire et mal dire'' (editorial Seuil, París, [[1992]]) onde a autora pon de manifesto que a opinión pública non emerxe soamente da [[burguesía]] ou das elites sociais cultivadas, senón tamén da gran masa da [[poboación]]. Esta, que Farge estuda a partir dos informadores colocados en todo [[París]] polo Inspector Xeral de Policía, fragua por si mesma os conceptos de "[[liberdade de opinión]]" e "[[soberanía popular]]".
393.002

edicións